Trátase dun proxecto innovador no territorio que, non obstante, aproveitará a transferencia de coñecementos de outros proxectos (actualmente en funcionamento en outras localidade galegas) para dotar ó concello de Bueu dunha nova tipoloxía de aloxamentos, diferentes dos hoteis tradicionais, e inmerso na natureza, coa finalidade de crear unha sinerxia entre o turismo e a posta en valor do patrimonio cultural da zona.
Bueu é un municipio cunha gran parte de solo con diversas proteccións medioambientais, con valores culturais, etnográficos e paisaxísticos. Onde o mar segue sendo unha das máximas riquezas do pobo.
Pretende por en marcha un proxecto de construción de cabanas mariñeiras, inspiradas no deseño da batea tradicional, situado nun espazo máxico, onde natureza, historia e lendas, se funden creando un entorno inigualable, colmado de atractivos turísticos no concello de Bueu, concretamente en Cabo Udra.
Disporá de un total de 5 cabanas ecolóxicas, en canto que se usa madeira para a súa construcción e que non altera o medio, pois estarán asentadas sobre piares para non danar o medio coa realización de obras maiores. Os materiais empregados garantirán unha boa eficiencia enerxética, empregando materiais illantes, iluminación led..., onde a distribución será a seguinte:
Catro, de menor tamaño, con unha habitación máis sofá cama.
Unha, con tres habitacións, cociña e salón.
Todas elas estarán dotadas con equipamento básico de utensilios de baño e cociña, jacuzzi, calefacción de leña con chimenea, aire acondicionado... e, por suposto, a decoración interior das mesmas estará fundamentada nas bateas, incorporando pinturas destas.
Ao tempo que se fomenta a diversificación da economía costeira, contribúese á posta en valor do patrimonio cultural, xa que próximo ás instalacións atópase a Aula da Natureza de Cabo Udra, pertencente á Red Natura 2000, e declarado lugar de importancia comunitaria. Este foi galardoado con Bandeira Azul pola súa labor en canto á educación ambiental sobre sistemas litorais e desenrolo sostible, destacando o valor biolóxico de Cabo Udra. En cada unha das instalacións disporán de guías turísticas, folletos informativos e documentación variada dos recursos que ofrece, tanto a propia zona, como as localidades mariñeiras próximas, para que as persoas se poidan somerxer na vida tradicional galega.
Fomentaranse sinerxias coas iniciativas, proxectos e experiencias xurdidas en outros proxectos aprobados polo GALP, e que teñan que ver concretamente coa difusión da cultura, medioambiente e turismo mariñeiro.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo deste proxecto consiste na posta en valor do patrimonio cultural de Bueu a través da instalación de cabanas mariñeiras, coa esencia tradicional da Batea en Galicia, nun territorio máxico: Cabo Udra.
- Creación de postos de traballo, o da propia promotora máis outros dous a media xornada.
- Aproveitamento da herdanza da cultura marítima coas oportunidades turísticas.
- Creación de sinerxias coas empresas e entidades da zona e contribución ao éxito doutros proxectos aprobados (cruceiros, rutas polas rías, rutas de sendeirismo, Aula da natureza, clubs de submarinismo...)
- Aumentar as inversións no territorio.
- Descentralización das actividades.
- Ampliar os servizos turísticos da zona, cunha nova modalidade de aloxamento.
Desestacionalización do turismo.
- Creación dunha nova infraestrutura de aloxamento, novidosa en Bueu.
- Posta en valor do patrimonio cultural e transmisión da forma de vida tradicional mariñeira.
O proxecto contribuirá a posta en valor do patrimonio do territorio e, en particular, contribúa as seguintes medidas da EDLP:
Posta en valor dos elementos da arquitectura tradicional mariñeira na zona.
Posta en valor doutros elementos da tradición mariñeira: artes de pesca, aparellos e ferramentas de traballo, arquivos documentais, arquivos fotográficos e audiovisuais, etc. Aproveitamento das aulas da natureza para a exposición deste patrimonio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)