Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA, ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE

Este proxecto ten tres accións:

1ª Pretende dispoñer das estruturas necesarias para que o Club Náutico poida mellorar a zona peonil coa instalación dunha recollida de lixo, de prevención contraincendios e loita contra hidrocarburos.

2ª Formación e concienciación en materia medioambiental, boas prácticas, mediante impartición de clases, charlas e seminarios aos rapaces das escolas náuticas con manuais de sensibilización ambiental, durante a campaña de verán nos meses de maior actividade e volume de xente na costa.

3ª Colocación de paneis e carteis nas instalacións portuarias, sobre a boa utilización dos recursos como a enerxía e a auga, farolas con iluminación led exterior e sensores de movemento que permiten un aforro de preto do 60% e sistemas de seguridade como aros salvavidas.

Nesta terceira actividade incluíuse a nova web e campaña de marketing e redes sociais, que contribuirán a expandir, dar a coñecer, e dar maior valor o proxecto de sensibilización medioambiental.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 197
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Club Náutico de Portonovo
Datos de interese: 
https://www.nauticoportonovo.com/
Perfil empresarial: 
Entidade sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
18/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1 (2021)
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Sanxenxo

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
27.983,55 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
23.206,56 €
Total axuda pública aprobada (€): 
23.206,56 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
19.725,58 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
3.480,98 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Fomento e impulso de medidas encamiñadas á protección do medio ambiente e mitigación do cambio climático, mediante o impulso de enerxías limpas na costa que contribúan á conservación dos recursos naturais, coa implantación de placas solares para a xeración de enerxía limpa, instalación de farolas led no paseo público do Chasco, no acceso os pantaláns, e focos led con sensor de movemento nos pantaláns, eliminación do 90% do uso do papel mediante dixitalización e novas tecnoloxías da información en materia medio ambiental, fomento da reciclaxe do lixo.

Promover a concienciación ecolóxica e ambiental e aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas costeiras coa formación de menores de 30 anos e mulleres nun sector no que están subrrepresentados e campaña de sensibilización de visitantes e usuarios.

Fomento do benestar social, igualdade de oportunidades mediante a inclusión e integración social de colectivos desfavorecidos no sector, coas reservas de prazas do 30% para mulleres (actualmente so hai un 15%) e menores de 30 anos, así como persoas con discapacidades visuais e fisicas mediante instalación de portas accesibles e sinaletica adaptada.

Contribuír á xeración de emprego a partir da mellora da calidade de vida e a cohesión social e territorial.

Xerar un emprego mais estable de maior calidade os traballadores do Club.

Conxugar e utilizar as sinerxías xeradas entre este proxecto e o resto de actividades do Club.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Redución da pegada ecolóxica ao implantar novas luminarias led nos pantaláns, mais axeitadas ao medio ambiente mediante, con sensor de movemento evitando así o gasto de enerxía innecesaria, calculado nun 60% menos e maior luminosidade

Redución da pegada ecolóxica ao substituír as vellas luminarias do paseo público do Chasco por luminarias tipo led de maior capacidade e cunha redución do consumo de preto do 80%, a administración pública.

Utilización de enerxías limpas e melloras nos procesos.

Potenciación de novas enerxías limpas e renovables comprometidas e compatibles co medio ambiente, reducindo as emisións de CO₂, mediante a instalaciónde de paneis de xeración de enerxía solar. Redución de 3,12 toneladas de CO₂ que deixa de emitir o Club Náutico.

Redución do emprego de papel un 90% ao instalar un monitor de cara o público en xeral, proxectando consellos e fomentando as boas practicas en medio ambiente, eliminando a utilización de papel.

Incrementar a concienciación ambiental mediante unha campaña de divulgación do uso correcto dos distintos usos de reciclaxe e boas prácticas medioambientais, mediante a colocación de carteis permanentes de información e divulgación de boas prácticas medioambientais.

Información e concienciación de 2.000 persoas durante a campaña.

Revalorizar novas zonas de esparcemento da poboación nas zonas costeiras como é o paseo público do Chasco, xerando unha zona de desfrute.

Implantación de Iniciativas de melloras ambientais e concienciación ecolóxica no ámbito litoral, mediante a formación nos cursos propostos nos meses de xullo e agosto para unha media de máis de 100 rapaces, do que se reserva un mínimo do 30% para mulleres.

Incremento de representación do colectivo no sector dun 15%.

Implementación de novos sistemas de seguridade e medio ambiente nas instalacións, coa colocación de paneis informativos, instalación de novos elementos de salvamento e seguridade marítima como aros salvavidas e extintores.

Medidas de integración de colectivos con risco de exclusión nas actividades promovidas ou integradas na estratexia do GALP, como é a instalación de portas de apertura corredoira automática para discapacitados físicos e invidentes, colocación de sinalética específica para persoas con discapacidade visual, formación para mulleres e menores de 30 anos.

Mellora da mobilidade e accesibilidade para colectivos con discapacidade nun 60%.

Mellora das instalacións do Club.

Principais actividades do proxecto: 

Este proxecto ten tres accións:

1ª Pretende dispoñer das estruturas necesarias para que o Club Náutico poida mellorar a zona peonil coa instalación dunha recollida de lixo, de prevención contraincendios e loita contra hidrocarburos.

2ª Formación e concienciación en materia medioambiental, boas prácticas, mediante impartición de clases, charlas e seminarios aos rapaces das escolas náuticas con manuais de sensibilización ambiental, durante a campaña de verán nos meses de maior actividade e volume de xente na costa.

3ª Colocación de paneis e carteis nas instalacións portuarias, sobre a boa utilización dos recursos como a enerxía e a auga, farolas con iluminación led exterior e sensores de movemento que permiten un aforro de preto do 60% e sistemas de seguridade como aros salvavidas.

Nesta terceira actividade incluíuse a nova web e campaña de marketing e redes sociais, que contribuirán a expandir, dar a coñecer, e dar maior valor o proxecto de sensibilización medioambiental.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Impulsar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación dos efectos do cambio climático, así como contribuír á concienciación cidadá en estes ámbitos.

Obxectivo específico da EDLP: 

3.2. Promover iniciativas de posta en valor e protección dos recursos naturais, de redución da pegada de carbono e de mitigación dos efectos do cambio climático.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)