
O pasado día 8 de xuño, a xerente do GALP Ría de Vigo - A Guarda, Elena Herbello, aisitiu ao acto institucional do aniversario do CIM-ECIMAT celebrado na Illa de Toralla.
O acto celebraba a o 10º aniversario do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo e do 20º aniversario da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT).
A xornada contou coas intervencións por parte do CIM de Ricardo Beiras (Director da Agrupación Estratéxica Océano ECIMAT 2008-2014), Jesús Troncoso (Director Agrupación Estratéxica Océano ECIAMT 2014-2016, director do CIM 2016-2018 e director da ECIMAT 2014-2018), José Manuel Estévez (director da ECIMAT 2018-Actualidade), Daniel Rey (Director CIM 2018-Actualidade). Por parte das institucións interviron Carlos Botana (Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo), María Covadonda Salgado (Directora do Intecmar), José Alberto Díez (Secretario Xeral de Universidades), Elena Espinosa (Terceira Tenete de Alcalde de Vigo), David Regades (Delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo) e Manuel Reigosa (Reitor da UVigo).

