
O proxecto que presenta pretende incrementar a cota de mercado no ámbito autonómico a través da distribución persoal do propio produto, tentando sobre todo, crear convenios coa restauración e con empresas de catering. Para iso dotarase dunha furgoneta con isotermo. Ademais esta labor territorial complementarase participando en distintos eventos e feiras a nivel autonómico, ou distintos eventos a nivel hostalaría para os que se dotará dun pequeno obrador cun forno que lle permitirá que á poboación do territorio coñeza directamente o seu produto. Outros dos elementos que permitirá ampliar a cota de mercado e o cambio da imaxe corporativa da empresa facendo fincapé nas cualidades organolepticas das algas intentando captar clientes con intolerancias alimentarias.
Por outra banda esta nova vía para poler en valor o produto que comercializa darao a coñecer en distintas feiras profesionais como Biocultura en Madrid e Barcelona e Etiqueta negra en Barcelona considerando a promoción nestas feiras como parte do proxecto.
Para ilo creará un posto de traballo a media xornada que se encargará do obrado mentres a xerente promociona o produto.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo principal: é incrementar a cota de mercado nun 40% nos dous seguintes anos.
Obxectivos secundarios:
-Expandir a área de distribución e comercialización dos produtos de Galuriña
-Asisitir a mercados e feiras tanto rexionais coma nacionais nas que dar a coñecer os nosos produtos e as cualiades/ características dos mesmos coa finalidade de incrementar a nosa cota de mercado.
-Asistir a eventos/ feiras ecolóxicas que nos permita chegar a un mercado sensibilizados con este tipo de produto, e por tanto aumentar as posibilidades de ampliar as áreas de comercialización futura.
-Permitir localizar e chegar aos perfís de " consumidores ideais" para os nosos produtos ( aqueles con algunha intolerancia alimentaria, ecolóxicos, etc)
-Seguir e ampliar a labor de difusión nos colexios integrando na aula os conceptos de sostibilidade e posibilidades de aproveitar os recursos do territorio.
-Incremento das vendas: as posibilidades que aporta poder incrementar a área xeográfica de comercialización directa, asi como a asistencia a eventos e mercados de Galicia e España, suporá cada menos, un incremento das vendas dun 20% anual.
-Ampliación da carteira de clientes cara novos sectores do mercado: a experiencia e especialización na creación de masa de algas unido a difusión deste proxecto, permitirá chegar a novos sectores interesados en integrar esta materia prima nas súas producións ou produtos.
-Posicionar as algas da Ría Muros-Noia no merdado.
-Posicionar a marca Galuriña como referente da sostibilidade no mercado da alimentación: a ampliación de mercado permitirá colocarnos como referentes de sostibilidades e innovación no mercado da alimentación " saudable".
-Promoción do produto en feiras profesionais, destacando as cualidades organoleticas do mesmo.
-Promoción do produto a nivel territorial, en festas e distintos eventos de carácter turístico, permitindo á poboación e visitantes a degustación do mesmo.
-Distribución persoal de produto o que lle permitirá establecer novos contactos no eido da restauración e das empresas de catering.
-Renovar a imaxe da empresa facendo fincapé nas cualidades organolépticas das algas.
-Continuar a colaboración cos departamentos de investigación no eido das intolerancias alimentarias.
Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca.
Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases de cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.3. Promociíon dos produtos locais da pesca costeira artesanal e da saúde e calidade alimentarias.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

