Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Edición e publicación do libro O Marisqueo na Ría Muros-Noia

O vindeiro 15 de outubro con  motivo da celebración do Día Internacional da Muller Rural realizarase a presentación do libro Mariscadoras e Campesiñas na Ría de Muros-Noia escrito por Mª Concepción Sande Noya na Fábrica de Sel de Muros.

Esta acción vai únicamente dirixida a reforzar a identidade da Ría Muros-Noia coa actividade do marisqueo,e a poñer en valor a mellora das condicións de traballo nesta actividade.

A publicación leva un pequeno anexo onde se conta que é o GALP Costa Sostible, e as liñas de actuación da súa EDLP, facilitando o coñecemento do GALP por parte de todos os públicos.