
Este proxecto propón a rehabilitación dunha edificación tradicional, moi alterada por intervencións incoherentes ao longo do tempo, no centro histórico da vila de Fisterra. A intervención ten por finalidade adicar o edificio a establecemento hoteleiro con sete habitacións ambientando cada unha delas con elementos que as vinculen con puntos extremos da terra.
O edificio enténdese como un contenedor cultural cuxo fio conductor será a cultura da pesca e as Fisterras do mundo.
A Fisterra galega; Le Finistére bretón; Nordkapp, a fisterra nórdica; Ushuaia, a fisterra austral; Boa Esperanza, a fisterra sudafricana; Attu, a fisterra máis ao oeste do mundo; Oodaaq, a fisterra do xeo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Acometer a rehabilitación dunha edificación no centro de Fisterra para acondionar sete novas habitacións dobres.
2. Habilitar un espazo para a exposición de artesanía mariñeira nun lugar privilexiado, no centro da vila de Fisterra ao pé do Camiño de Fisterra. Rúa moi transitada por extranxeiros e tamén polos habitantes de Fisterra.
3. Ser o primeiro establecemento hoteleiro certificado Passivhauss en Galicia e España a día de hoxe.
1. Mellora das oportunidades de emprego alternativo ao mar.
2. Creación unha pequena no sector turístico.
3. Aumento da actividade e contratación de persoas tanto durante a obra como unha vez rematada para o seu funcionamento.
4. Recuperación dunha edificación no centro da vila, que sirva de referente para futuras intervencións.
5. Recuperación dos balcóns que orixinariamente tiñan a maioría das edificacións da vila de Fisterra.
6. Dinamizar a Rúa Real de Fisterra, principal vía comercial da vila e traza do Camiño de Santiago a Fisterra.
7. Completar a oferta de aloxamento de calidade, mediante a creación de 14 novas prazas.
8. Acadar a certificación Passivhaus e ser o primeiro negocio hoteleiro con esta distinción en Galicia.
9. Acondicionar un espazo de exposición de produtos artesáns nunha das rúas máis transitadas de Fisterra.
10. Recuperación da fachada marítima da vila de Fisterra cunha nova fachada máis axeitada e respectuosa coa tradición.
11. Fortalecemento e impulso do Camiño de Santiago a Fisterra.
12. Posta en valor dos recursos endóxenos como é a artesanía mariñeira e a ruta xacobea.
13. Xeración de soporte e servizos a outras empresas do territorio - Proxecto enredadas.
Proposta arquitectónica: o proxecto parte da premisa de eliminar todos os engadidos realizados con formigón e ladrillo e realizar a rehabilitación mantendo os muros orixinais da vivenda e recuperando o balcón que tiña a edificación orixinaria e caracterizaba a arquitectura popular de Fisterra.
Passivhaus-Enerphit: o confort térmico será unha das fortalezas deste proxecto, conseguindo espazos moi agradables térmica e acusticamente.Intentarase certificar o edificio de como o primeiro establecemento hoteleiro con clasificación Passivhaus. Os edificios pasivos son edificios de consumo casi cero e contribúen á reducción da dependencia europea de combustibles fósiles, axudando a acadar os obxectivos de reducción de emisións CO2 e gases de efecto invernadoiro.
Actividades complementarias: no andar de abaixo ademais do espazo adicado aos almorzos habilitarase un espazo multiusos onde se expoñerán produtos de artesanía mariñeira.
Dimensión online: o novo establecemento acompañarase dunha páxina web.
Localización: o hotel atópase ubicado na Rúa Real, ao pé do Camiño de Santiago.
Accesibilidade: o establecemento será practicable para persoas con mobilidade reducida e contará coas axudas técnicas necesarias para persoas con outras discapacidades.
Obxectivo estratéxico 2: Diversificación Económica
2.4.1.1. Apoio á creación de nova infraestructura aloxativa
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)