Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

REFORMA DA PLANTA BAIXA DO MERCADO MUNICIPAL DE FISTERRA PARA MERCADO MARIÑEIRO

O obxecto da presente actuación é a reforma e modernización da planta baixa do mercado actual, (actualmente un espazo algo degradado e en condicións deficientes de confort tanto para os usuarios dos postos como para os clientes , que resulta pouco acolledor e atractivo.

Partindo das premisas da inmellorable localización do mesmo, fronte o mar e a lonxa e pescadores, a calidade dos recursos pesqueiros da lonxa de Fisterra, e o numero de visitantes que atrae cada ano a localidade así como a tendencia dos hábitos de consumo cara os produtos locais e de cercanía compre a necesidade de reformar este inmoble pola súa propia potencialidade catalizadora.

Procurase un mercado diferenciador onde a proximidade do produto, a sostibilidade e a calidade sexan os eixes diferenciadores, para elo para constituirase nun "Mercado Mariñeiro", no que se  dinamícese a actividade comercial do mercado tradicional poñendo en valor especialmente o produto local da pesca cun pequeno espazo complementario para o mercado dos produtos vexetais. Esta actividade comercial complementarase con demostracións gastronómicas e degustación de produtos, sendo o mercado mariñeiro de Fisterra un escaparate para os establecementos de restauración da contorna, e para as accións de promoción da propia entidade promotora.

Como garantía de proximidade acollerase ao selo promocional Kilómetro cero Mar Galaica que garante que o peixe do noso mercado non ten mais de 100 km de recorrido dende o lugar de orixe e foi capturado con artes de pesca artesanais, mariñeiros, armadores  percebeiros, e navalleiros estarán presentes no mercado mariñeiro de Fisterra a través do seu propio produto ., o fío será do mar a lonxa, da lonxa o mercado e do mercado a mesa.

Procederase tamén adecentamento e posta en valor da zona do lavadoiro que figura no mercado de xeito que sexa unha zona de descansos para o usuario e unha zona de observación para o visitante.

Como elemento innovador e que reflexa o carácter dinamizador e diferenciador que se pretende con este mercado colocarase unha   máquina de distribución de bolsas da compra reutilizables do mercado, que permitirán por unha banda promocionar o mercado e a vila de Fisterra e por outra banda transmitir valores de medioambente e sostenibilidade.

O mercado mariñeiro de Fisterra debe ser un referente a nivel turístico e de calidade de produto e debe estar orientado as novas tendencias e hábitos de consumo.

Datos xerais
Acrónimo: 
MERCADO DE FISTERRA
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE FISTERRA
Datos de interese: 
https://concellofisterra.gal/portal_cidadan/portada/gl
Perfil empresarial: 
CONCELLO
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
15/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2024-2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

LOCAL

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
204.094,84 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
204.094,84 €
Total axuda pública aprobada (€): 
197.971,99 €
% Subvención: 
97%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
138.580,39 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
59.391,60 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
Non
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

-A integración do sector da pesca cos outros sectores económicos.

-Fomentar o consumo da lonxa local a través dun espazo innovador de degustación  de produtos do mar

- Incrementar a demanda dos recursos pesqueiros do territorio a través da captación de novos segmentos de mercado, o converterse nun lugar de referencia na localidade.

-Potenciar a actividade turística do Concello de Fisterra a través das actividades de degustación

-Diferenciar os recursos pesqueiros pola súa calidade e sostenibilidade a través  da súa decoración e interioirismo.

- Por en valor a filosofía do selo kilometro cero Mar galaica.

- Converterse nun polo catalizador de visitantes polo seu atractivo turístico e a súa ubicación , co consecuente incremento da actividade turística no Concello de Fisterra.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-A integración do sector da pesca cos outros sectores económicos

-Fomentar o consumo da lonxa local a través dun espazo innovador de degustación  de produtos do mar

- Incrementar a demanda dos recursos pesqueiros do territorio a través da captación de novos segmentos de mercado, o converterse nun lugar de referencia na localidade.

-Potenciar a actividade turística do Concello de Fisterra a través das actividades de degustación

-Diferenciar os recursos pesqueiros pola súa calidade e sostenibilidade a través  da súa decoración e interioirismo

- Por en valor a filosofía do selo kilometro cero Mar galaica

- Converterse nun polo catalizador de visitantes polo seu atractivo turístico e a súa ubicación , co consecuente incremento da actividade turística no Concello de Fisterra.

Principais actividades do proxecto: 

- Marca e imaxe

 Precisamos dotar o mercado mariñeiro  dunha personalidade xenuína que permita a súa diferenciación dentro da oferta comercial da vila e facilite a súa comunicación.

- Accesibilidade e mellora das instalacións.

- Ordenación do espazo interior.

Melloramos as prestacións e a orde no interior, así como a calidade estética do espazo con varias actuacións. Tanto a efectos de servizo como de imaxe, un dos elementos diferenciais dos establecementos modernos é a cada vez maior preocupación pola orde, que aporta sensacións vinculadas á calidade: comodidade, hixiene, preocupación polo detalle…

- Rotulación exterior e interior.

Un dos elementos clave de reforzo da nova identidade será unha rotulación uniforme e coherente coa nova identidade gráfica.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación.

Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícola.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Apoio a novos sectores da economía azul sostible.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)