
Restaurante de dous garfos na fachada portuaria de Fisterra que contará con 80 prazas e implantará o selo promocional KM 0 Margalaica. Tratará de atraer a chefs de establecementosde restauración de prestixio para que cociñen no seu restaurante unha vez ao mes. O marisco cocerase con auga de mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto está orientado a ofrecer un servizo de restauración de calidade no porto de Fisterra - restaurante de dous garfos, con menú de degustación de produtos do mar (peixes e mariscos) cocidos en auga do mar e contará cunha carta gourmet de pratos e bodega. O que contribuirá a mellorar os servizos de restauración existentes na zona, mais concretamente, os ubicados no postos de Fisterra.
Posteriormente á posta en marcha do restaurante, nas plantas superiores do inmoble, construirase un hortel con servizo de SPA, ximnasio, servizos que se lle poidan ofertar aos clientes, algo que permitirá desestacionalizar a actividade en temporada baixa.
Polo tanto este novo concepto de restauración permitirá o crecemento económico do territorio xerando emprego estable, inversións e maior afluencia turística de nivel medio-alto.
O proxecto permitirá obter os seguintes resultados:
- Ampliar os servizos turísticos de maior calidade que os existentes.
- Xenerar emprego estable directo coa creación de 4 postos de traballo e á vez empregos indirectos nas empresas ca que mantemos relacións comerciais.
- Incremento das inversións no territorio.
- Desestacionalización das distintas actividades existentes na zona.
O proxecto consiste na rehabilitación dunha edificación en estado ruinoso situada no porto de Fisterra, para convertela nun restaurante de dous gardos onse se vai a ofertar un menú de degustación do produtos do mar (peixe, mariscos e algas) e unha carta gourmet.
Na planta baixa habilitarase un comedor con 18 prazas e construirase nese mesmo andar unha zona de barra, vestíbulo e aseos.
O primeiro andar contará con dous comedores, de 32 e 36 prazas respectivamente, xunto coa cociña, almacén e aseos.
Diariamente se servirán menús de degustación gourmet e tamén se organizarán eventos tipos reunións familiares, bautizos e primeiras comunións.
En épocas estacionais e en determinados días, prestatanse servizos alternativos de negocio como xornadas gastronómicas con productos do mar, contando con prestixiosos profesionais da cociña moderna.
Este proxecto vai enfocado á mellora da calidade dos servizos de restauración existentes na zona, que cada vez hai mais demanda de restauración de calidade entre o turismo nacional e extranxeiro que visitan a zona impulsados polo "Camiño de Santiago".
Obxectivo estratéxico 2: Diversificación económica
2.4.1.2 Iniciativas de restauranción e gatronomía intregradas no KM 0 Margalaica
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)