
Trátase da creación dun roteiro e a súa dinamización que implica a visualización de dous estaleiros que se conservan en bo estado e na que se pode apreciar a pegadas destas carpinterías que ao longo do século XX estiveron vencelladas ao mar. Destacar o feito de incorporar diferentes elementos a este roteiro que a bo seguro van dinamizar e promocionar o mesmo, como son a interacción co camiñante a través do seu móbil que lle proporcionará información de interese sobre o percorrido, incluso escenificacións teatrais en diferentes puntos do mesmo. Resulta tamén interesante complementar esta ruta coa navegación dunha embarcación peculiar e recuperada da zona como é o Balandro Joaquín Vieta.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Recuperación, e posta en valor do patrimonio inmaterial, etnográfico e cultural dos recusos endóxenos da localidade, así como a difusión da cultura mariñeira en toda a súa extensión e a dinamización social no municipio onde se desenvolve o proxecto.
-Posicionar o concello de Outes como referente no ámbito do turismo mariñeiro vencellado á posta en valor do patrimonio marítimo.
-Fomento da sociedade da información e das novas tecnoloxías no ámbito do patrimonio cultural e turístico.
-Fortalecemento da estratexia de promoción turística da localidade e do Xeodestino da Ría da Estrela.
-Mellora da información turística a través da modernización das ferramentas e recursos turísticos empregados.
-Favorecer o asentamento de novas iniciativas que contribúan á dinamización económica da localidade.
Este roteiro litoral permite visualizar un espazo histórico onse se realizaba un traballo artesanal vinculado directamente coa actividade da pesca e marisqueo. Na actualidade podería ser posible a visita no roteiro a dous estaleiros que aínda se conservan en bo estado para apreciar o traballo que se realizaba neles. Tamén se poden ver moitos restos da pegada destas carpinterías que durante sesenta ou setenta anaos foron o sustento de medio milleiro de familias da zona, e é chamada dos pes mollados porque moitas das tarefas facíanse ás beiras do mar en contacto coa auga.
-Distancia:16,5 km (ida e volta)
-Dificultade: fácil
-Altitude máxima: 20 m
-Tipo de roteiro: ida e volta
-Desnivel acumulado: 60 m
A experiencia cando o usuario/turista disfruta do reteiro in situ está enfocada ao seu consumo dende dispositivos móbiles. Así cando este sexa o caso, o usuario poderá consultar na web municipal o mapa que inclúe o trazado do roteiro e os puntos de interese, pero adicionalmente poderase mostrar sobre o mapa a posición do usuario, o trazado do roteiro e os diferentes puntos de interese.
Así mesmo, o usuario poderá seleccionar calquera dos puntos de interese e consultar os contidos multimedia asociados a el. A tipoloxía dos contidos será a mesma que a descrita para a experiencia antes de visitar o roteiro (textos, imaxes, fotografías, vídeo, audioguías,...) sen embargo, modificarase o xeito de visualizarse para que se adapte ao dispositivo. No caso dos dispositivos móbiles, o contido mostrarase a pantalla completa embebido sober a mesma web.
Os contidos son contados por diferentes persoeiros locais moitas veces misturados cun actor ou actores que empuxan o roteiro a algo máis experiencial, xa que é comentado e interpretado por axentes e actores locais que salientan a emoción de estar apegado ao territorio, de tal xeito, que lle da carácter de autenticidade polo simple feito de como o contan, como o viven en primeira persoa ou como llo transmitían os seus devanceiros.
Ademáis da selección axeitada dos persoeiros, tamén realizarase un traballo de campo e de recompilación de información e documentación, para definir os puntos de parada e os textos que deberían de engadirse ao percorrido como puntos do roteiro.
Unha vez finalizada a ruta, o concello de Outes proporcionará a oportunidade de coñercer os restos destas edificacións dende o mar a bordo unha embarcación restaurada nun estaleiro similar, o Balandro Joaquín Vieta.
OBxectivo Estratéxico 3: Patrimonio natural e cultural
3.2 Recuperación do patrimonio natural costeiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)