Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CURSO DE TURISMO MARIÑEIRO E PESCATURISMO

 
Hoxe, luns 9 de febreiro, da comezo o Curso de formación en pesca-turismo e turismo mariñeiro. Esta acción, enmárcase dentro do Proxecto Mar e Rías como actividade formativa, dirixida á capacitación do sector pesqueiro para a diversificación da súa actividade a través do turismo mariñeiro e a pesca-turismo.
 
Trátase dun curso de formación práctica dirixido a profesionais do mar interesados en diversificar a súa actividade a través do turismo mariñeiro e a pesca turismo, poñendo en valor o seu coñecemento, o seu oficio e o patrimonio mariño-pesqueiro.
 
O obxectivo principal é que as persoas participantes sexan capaces de deseñar e explicar unha experiencia turística propia, segura, sostible e adaptada á súa realidade local. O curso desenvólvese durante 20 horas, en 5 xornadas presenciais do 9 ao 13 de febreiro de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo.