Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

É unha cadea, para nós poder comer peixe nas nosas casas, hai moita xente detrás facendo un gran esforzo

Entrevistamos a Rosa Rodríguez, Presidenta da Asociación de Redeiras Artesás Illa da Estrela de Corme que se suma a campaña #QuedaCoNosoMar:

 

1.Igual que sucede noutras actividades, a crise provocado polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación?

Nós estamos traballando, os barcos teñen que saír o mar, xa que son un dos servicios esenciais no estado de alarma, e para iso, precisan os aparellos.

 

2.No voso caso faise complicado cumprir coas normas de distanciamento e seguridade que esixe o estado de alarma.

Si, por a capacidade da caseta onde traballamos, antes estabamos seis, agora so podemos tres.

 

3.Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía local?

Sen redes, os barcos non van o mar. Aínda que as redeiras non estamos consideradas como traballadoras do sector do mar, si dependemos directamente del.

 

4.Por que é importante o labor da xente do mar?

Toda a labor é importante, é unha cadea, para nós poder comer peixe nas nosas casas, hai moita xente detrás facendo un gran esforzo, dende redeiras, mariñeiros, patróns, confrarías, intermediarios, peixerías.... Somos moitas as familias implicadas en dar este servicio esencial.