Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Intercambio de experiencias entre o GALP Costa da Morte e os GALPs Croatas.

Intercambio de experiencias entre o GALP Costa da Morte e os GALPs Croatas.

Unha representación do GALP Costa da Morte devolve a visita o Grupo Istarska Batana situado na península de Istria en Croacia. Participan nesta visita a Confraría de Caión e Corme, Redeiras O Fieital e Illa da Estrela, Mariscadoras do Anllóns, Asociación Cultura PX Ponte do Porto e os Concellos de Cabana de Bergantiños e A Laracha.

Na visita daranse a coñecer proxectos e iniciativas innovadoras que se están levando a cabo neste territorio, coma, Cromaris, empresa líder de acuicultura especializada no cultivo e procesado de peixe, destacando a robaliza, dourada e mariscos, Tunana Fishing, empresa de Pesca Turismo en Altura, Hook and Cook, un restaurante propiedade de Pescador entre outras.

Maña, venres 5, co resto dos GALPs Croatas realizaron unha xornada de Boat Trip para tratar temas comúns de diversificación e traballo en rede.

O Sábado 6, participaran na xornada de presentación “Do Mar á Mesa”, proxecto piloto no que o Grupo Istarska Batan leva traballando 3 anos, centrado na conexión e a creación de redes, especialmente entre os pescadores, os propietarios de restaurantes e establecementos de produtos da pesca.