O proxecto céntrase na recuperación integral dunha lancha tradicional do norte de Galicia equipada cunha vela de relinga, unha tipoloxía histórica característica da cultura mariñeira galega que se perdeu progresivamente no Golfo Ártabro. A iniciativa busca non só a conservación do casco restaurado, senón tamén a reconstrución da súa arboladura tradicional e a instalación da vela de relinga, devolvendo á comunidade un elemento patrimonial plenamente funcional que permitirá a transmisión do coñecemento asociado ás técnicas de navegación, manobras e lectura do vento propias desta tradición.
A lancha converterase nunha peza activa da colección da asociación promotora, participando en eventos culturais, exposicións a flote e homenaxes como a remontada do río Ulla en Rosalía, así como en xornadas de iniciación á navegación para mulleres dentro do programa “Rumbo á Igualdade”. O proxecto inclúe tamén a organización dunha ecoregata destinada á limpeza do litoral, promovendo a sensibilización ambiental e apoiando a pesca de baixura local mediante a difusión do peixe fresco da zona.
Mediante estas accións, o proxecto contribúe á conservación do patrimonio cultural inmaterial, reforza a carpintaría de ribeira, incrementa a visibilidade pública do patrimonio marítimo e fortalece o labor da asociación como referente na preservación naval. Ao mesmo tempo fomenta a igualdade de xénero na cultura marítima, a conciencia ambiental e a conciencia social sobre a necesidade de crear un Museo do Mar en Sada como espazo permanente de conservación e divulgación.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo completar a recuperación integral dunha lancha tradicional do norte de Galicia mediante a reconstrución da súa arboladura e a instalación dunha vela de relinga, garantindo a conservación e transmisión deste patrimonio marítimo.
Así mesmo, pretende conservar o patrimonio cultural inmaterial asociado ao manexo da vela de relinga, incluíndo as manobras, o control do vento e as técnicas tradicionais de navegación, actualmente en risco de desaparición. O proxecto busca tamén recuperar unha imaxe histórica da paisaxe marítima do Golfo Ártabro, reforzar a colección de embarcacións tradicionais e o traballo da asociación e contribuír á conservación da carpintaría de ribeira.
Ademais, preténdese promover a igualdade na cultura marítima, fomentar a sensibilización ambiental, apoiar o sector da pesca local e sensibilizar sobre a necesidade de crear un Museo do Mar en Sada.
O proxecto permitirá completar a recuperación dunha lancha tradicional e devolverlle a súa configuración histórica e funcional mediante a reconstrución da súa arboladura e a instalación dunha vela de relinga. A embarcación incorporarase como unha peza activa da colección de embarcacións tradicionais da asociación, podendo navegar e participar en actividades culturais e divulgativas.
Así mesmo, contribuirase a recuperar e transmitir os coñecementos asociados á navegación tradicional con vela de relinga e a recuperar parte da imaxe histórica da navegación a vela no Golfo Ártabro.
A participación da embarcación en actividades culturais, xornadas de navegación para mulleres, accións de sensibilización ambiental e actividades de difusión permitirá achegar este patrimonio á cidadanía, promover a igualdade na cultura marítima e apoiar a divulgación da pesca de baixura de Sada e do patrimonio marítimo local.
A actividade principal será a reconstrución da arboladura tradicional da lancha e a instalación dunha vela de relinga. Para iso, realizarase previamente un traballo de investigación e recompilación de documentación histórica, bibliográfica e gráfica sobre o uso deste tipo de vela no norte de Galicia e, especialmente, no Golfo Ártabro. Tamén se analizarán fotografías antigas, testemuños orais e referencias técnicas para fundamentar o deseño da arboladura.
A actuación incluirá o deseño e fabricación do mastro e a verga, a confección da vela e a realización de probas de navegación.
Unha vez reconstruída a arboladura, a embarcación será fondeada fronte ao paseo marítimo de Sada para a súa exposición a flote, mostrando a vela de relinga instalada e explicando as manobras básicas e o xeito tradicional de manexo.
A lancha participará tamén na tradicional remontada do río Ulla ata Padrón, no marco da homenaxe a Rosalía organizada pola Fundación Rosalía, representando o Golfo Ártabro xunto con outras embarcacións tradicionais.
Así mesmo, organizaranse xornadas de iniciación á navegación en vela tradicional dirixidas a mulleres dentro do programa “Rumbo á Igualdade”, promovendo a súa participación activa no manexo da lancha e na conservación do patrimonio marítimo.
Finalmente, organizarase unha ecorregata de embarcacións tradicionais que combinará a navegación tradicional cunha acción de limpeza do litoral de Sada e de sensibilización ambiental. O proxecto difundirase tamén a través das redes sociais e da páxina web da asociación, mediante contidos sobre o proceso de recuperación e o valor patrimonial da embarcación.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
OBXECTIVO ESPECÍFICO 4.1. Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

