O proxecto de Pescados Eduardo Pena, S.L. consiste na implantación dun sistema propio de xeración e almacenamento de xeo, co obxectivo de mellorar a conservación, xestión e calidade do produto pesqueiro.
A actuación responde á necesidade de garantir un subministro continuo de xeo ante o crecemento da actividade e a estacionalidade das capturas, evitando limitacións na compra en lonxa e na xestión do produto. A nova instalación permitirá reforzar a cadea de frío, mellorar a seguridade alimentaria e reducir perdas, incrementando así o valor engadido do peixe e marisco.
Ademais, o proxecto aumentará a autonomía operativa e a capacidade de planificación da empresa, favorecerá o aprovisionamento de produto de proximidade e terá un impacto positivo no sector pesqueiro local. Tamén contribuirá á eficiencia enerxética, á redución do impacto ambiental e ao mantemento do emprego, coa creación dun novo posto de traballo.
En conxunto, trátase dunha actuación orientada a mellorar a competitividade, sustentabilidade e modernización da empresa e da cadea de valor do sector pesqueiro.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo mellorar a calidade, conservación e xestión do produto pesqueiro mediante a implantación dun sistema propio de xeración e almacenamento de xeo, reforzando a competitividade de Pescados Eduardo Pena, S.L. e a valorización dos produtos do mar.
O investimento permitirá asegurar a dispoñibilidade continua de xeo, reforzar a cadea de frío, mellorar a seguridade alimentaria e reducir as mermas e perdas derivadas dunha conservación inadecuada. Así mesmo, permitirá aumentar a autonomía operativa da empresa, mellorar a planificación e o control do proceso e reducir a dependencia da subministración externa de xeo.
Outro dos obxectivos é aumentar a capacidade de aprovisionamento na lonxa durante os períodos de maior actividade, favorecendo a adquisición de maiores volumes de produto de pesca costeira artesanal e de proximidade, en condicións máis estables e a prezos máis xustos. O proxecto tamén contribuirá ao mantemento do emprego existente e á creación dun novo posto de traballo a tempo completo.
Desde o punto de vista ambiental, preténdese mellorar a eficiencia enerxética do proceso e reducir o seu impacto ambiental mediante a utilización dun equipamento con refrixerante de menor impacto.
A posta en funcionamento do sistema propio de xeración e almacenamento de xeo permitirá garantir de forma continua a dispoñibilidade de xeo e reforzar a cadea de frío desde a adquisición do produto na lonxa ata a súa entrega ao consumidor final.
Espérase mellorar a conservación, calidade e seguridade alimentaria do peixe e marisco comercializado, reducindo as mermas e perdas e aumentando o valor engadido do produto. A empresa disporá ademais dunha maior autonomía operativa, capacidade de planificación e control e unha maior capacidade de resposta durante os períodos de maior actividade.
O investimento permitirá incrementar a capacidade de aprovisionamento na lonxa, favorecendo un maior volume de adquisición de produtos de pesca artesanal e de proximidade e reforzando a actividade de provedores vinculados ao sector pesqueiro e marisqueiro do territorio.
Así mesmo, o proxecto contribuirá ao mantemento do emprego existente e á creación dun novo posto de traballo a tempo completo, ademais de mellorar as condicións de traballo. O uso dun equipamento máis eficiente e con refrixerante de menor impacto ambiental permitirá reforzar a sustentabilidade da actividade.
A actuación principal consiste na adquisición e implantación dun silo xerador de xeo destinado fundamentalmente ao autoconsumo e á mellora da xestión interna do produto pesqueiro.
O novo sistema permitirá xerar e almacenar xeo de forma propia, garantindo a súa dispoñibilidade continua durante os períodos de maior volume de entradas e reforzando a conservación e manipulación do peixe e marisco.
A instalación permitirá mellorar a xestión da cadea de frío, reducir a dependencia da subministración externa de xeo e optimizar a planificación das compras na lonxa, especialmente durante as campañas estacionais.
Así mesmo, incorporarase un equipamento de altas prestacións e con refrixerante de menor impacto ambiental, contribuíndo a mellorar a eficiencia enerxética do proceso e reducir a pegada ambiental da actividade.
Os resultados do proxecto serán difundidos como referencia para outras entidades do sector, co obxectivo de poñer en valor a mellora realizada e favorecer a transferencia da experiencia.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

