Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

AMPLIACIÓN E MELLORA DA LONXA E CREACIÓN DE SALA MULTIMEDIA

Esta confraría impulsa un proxecto que contempla a ampliación e modernización da lonxa e a creación dun espazo de divulgación na súa sede, co obxectivo de mellorar a operatividade das instalacións, garantir o cumprimento normativo e reforzar a promoción do sector pesqueiro e marisqueiro local.

Datos xerais
Acrónimo: 
AMPLIACIÓN E MELLORA DA LONXA E CREACIÓN DE SALA MULTIMEDIA
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Cofradía de pescadores de Carril
Datos de interese: 
http://www.cofradiacarril.org/index-es.html
Perfil empresarial: 
Cofradía de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
01/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Vilagarcía de Arousa

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
185.273,86
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
185.273,86
Total axuda pública aprobada (€): 
185.273,86
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
129.691,70
FEMP (%): 
70
CA (€): 
55.582,16
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo do proxecto é mellorar a funcionalidade e eficiencia das instalacións da Confraría, adaptándoas ás necesidades actuais do sector. A ampliación da lonxa permitirá optimizar o espazo de traballo #ante o incremento das descargas, reforzando a xestión do produto, a seguridade e o cumprimento sanitario. Paralelamente, habilitarase unha sala multimedia na sede, destinada a formación, divulgación e promoción da actividade pesqueira e marisqueira, mediante charlas, visitas e accións educativas. Esta actuación busca achegar o sector á comunidade, dar a coñecer os parques de cultivo e reforzar o vínculo entre a sociedade e o mar, favorecendo a súa valoración e continuidade.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O proxecto permitirá mellorar a operatividade da lonxa, adaptándoa ao incremento de descargas e reforzando as condicións hixiénico-sanitarias mediante a renovación do pavimento. A nova sala multimedia impulsará a formación, divulgación e sensibilización sobre a actividade pesqueira e marisqueira, achegando o sector á comunidade. Con estas actuacións, a Confraría reafirma a súa aposta pola modernización, sustentabilidade e valorización do mar. Os resultados serán visibles e accesibles ao público, con difusión a través das canles dispoñibles e plena disposición para a súa transferencia ao GALP e a outras entidades do sector

Principais actividades do proxecto: 

Por unha banda, a ampliación e mellora da planta baixa da lonxa, co obxectivo de adaptar o espazo ás necesidades derivadas do incremento de descargas e do volume de actividade. A intervención permitirá optimizar a loxística interna, mellorar a fluidez do traballo e garantir condicións hixiénico-sanitarias máis seguras, mediante a renovación integral do pavimento e os cerramentos, a adecuación de zonas de manipulación e a adquisición de equipamento profesional como mesas en aceiro inoxidable e básculas.

Doutra banda, o proxecto contempla a creación e dotación dunha sala multimedia na sede da Confraría, pensada como espazo polivalente para a formación, a divulgación e a promoción do sector pesqueiro e marisqueiro. Este novo espazo permitirá realizar charlas, accións educativas, visitas interpretativas e encontros con colectivos locais e visitantes, transmitindo o valor do traballo do mar, a cultura dos parques de cultivo e o compromiso coa sustentabilidade.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Incrementar a sustentabilidade e a autonomía do sector na explotación dos recursos da pesca, marisqueo e acuicultura da Ría de Arousa

Obxectivo específico da EDLP: 

Accións que reforcen o papel das confrarías como entidades da economía social e promovan un sector máis igualitario.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)