
Esta iniciativa permitirá reforzar a capacidade de vixilancia da Confraría de Pescadores de Rianxo, garantindo unha mellor protección dos bancos marisqueiros e promovendo un sector máis sustentable e competitivo. O fortalecemento da trazabilidade e o control dos recursos contribuirá a mellorar o recoñecemento dos produtos marisqueiros pola súa calidade e orixe certificada, reforzando a súa diferenciación no mercado. Ademais, a mellora da vixilancia e a sensibilización social dignificarán o traballo das persoas mariscadoras e pescadoras, promovendo a súa imaxe dentro da cultura alimentaria do territorio. Deste xeito, o proxecto non só axudará a combater o furtivismo, senón que tamén fortalecerá a autonomía do sector e mellorará a valorización do produto marisqueiro.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral:
Reforzar a sostibilidade e autonomía do sector pesqueiro e marisqueiro da Ría de Arousa, mellorando a capacidade de vixilancia e control dos recursos mariños e contribuíndo á protección do medio mariño, á loita contra o furtivismo e ao aumento do valor dos productos.
Obxectivos específicos:
- Optimizar a vixilancia: Adquirir un vehículo e implantar un sistema dixital para mellorar a vixilancia e xestión dos recursos.
- Aumentar a eficiencia e coordinación: Actualizar o plan de patrullaxe e integrar dous vehículos para mellorar a resposta ante actividades ilegais.
- Sensibilizar sobre o furtivismo: Desenvolver campaña de sensibilización para concienciar sobre a protección dos recursos mariños e a legalidade.
- Mellorar a imaxe do sector: Aumentar a visibilidade das accións de vixilancia para mellorar a imaxe e fomentar boas prácticas sustentables
1. Redución do furtivismo e aumento da concienciación social sobre os seus efectos: A mellora da vixilancia e as accións de sensibilización contribuirán á diminución do furtivismo e ao aumento da consciencia pública sobre os seus efectos negativos.
2. Incremento da eficiencia operativa na vixilancia e control : O vehículo adaptado permitirá reducir os tempos de traballo e mellorar a eficiencia na vixilancia, facilitando o acceso a zonas de difícil control.
3. Fortalecemento da xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros: O programa de vixilancia e a colaboración coas autoridades mellorarán a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros, aumentando a sostibilidade.
4. Aumento da concienciación sobre a sostibilidade: A campaña de comunicación e sensibilización promoverán o respecto polo medio ambiente e mellorarán a imaxe do sector pesqueiro.
5. Reducción das emisións contaminantes: A modernización do vehículo contribuirá á redución de emisións e mellorará a sostibilidade do sector
O proxecto estrutúrase en tres fases que permitirán reforzar a vixilancia dos bancos marisqueiros, optimizar os recursos dispoñibles e sensibilizar á poboación sobre o impacto do furtivismo.
Fase 1: Adquisición e preparación do vehículo
Fase 2: Implementación do programa de vixilancia.
Fase 3: Campaña de sensibilización e concienciación
Incrementar a sostibilidade e a autonomía do sector na explotación dos recursos da pesca, o marisqueo e a acuicultura na Ría de Arousa
Accións que reforcen a trazabilidade e o control dos recursos, abordando o impacto que ten o furtivismo sobre a actividade pesqueira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

