Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Segunda sesión de educación ambiental en Boiro


Hoxe as nenas e nenos de 5º de primaria do CEIP Santa Baia de Boiro participaron na segunda sesion de sensibilización medioambiental dentro das iniciativas de dinamización do Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa. Nesta ocasión traballaron sobre as 3R (reducir, reutilizar e reciclar) e a importancia das accions locais para acadar logros a nivel global. 


Estas sesións desenvólvense mediante dinámicas de xogo e teñen como obxectivo crear conciencia social entre os máis cativos para que reutilizando e reciclando aprendan a evitar que os residous acaben nas nosas rías.