Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornadas de Portos como actividade turística

 

Mañá mércores 19 de xuño, as 17:30 horas, no Auditorio do Concello da Illa de Arousa (Casa do Concello, Rúa Palmeira nº 25 - Illa de Arousa - C.P. 36.626), celebraráse unha xornada de dinamización do GALP5 Ría de Arousa co obxetivo de promover como destino turístico as visitas guiadas no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A xornada será presentada pola Presidenta do GALP 5 Ría de Arousa, Maria José Vales Martínez. A continuación, trala proxección dun vídeo promocional sobre o territorio do GALP5 Ría de Arousa, a súa xerente, Rosa Carballo Martínez, fará unaha descrición de proxectos de éxito financiados noutras convocatorias. Seguidamente, pasará a falar sobre a iniciativa de promover visitas guiadas ao Parque nacional das Illas Atlánticas ao amparo do proxecto denominado “Xornadas de Portos como Actividade Turística”: Visitas guiadas ó Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O obxectivo do GALP 5 – Ría de Arousa é liderar accións que permitan o desenvolvemento local e o fortalecemento dá capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible. 

Ao finalizar a xornada ofrecerase ás persoas asistentes unha degustación de productos do mar.