O proxecto pretende dar a coñecer a tradición mariñeira de Foz e a importancia da mesma no desenvolvemento cultural, económico e social da localidade; recuperando a memoria local mariñeira do Concello de Foz, a través do relato dos seus principais protagonistas e a recompilación de información e arquivos históricos con fin de difundila entre a poboación local, para que sexa coñecedora da historia mariñeira da súa vila e lle de valor aos labores desempeñados polas xentes do mar da súa veciñanza.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Visibilizar a actividade mariñeira local ao longo dos anos no municipio, mediante a recuperación da memoria local dos seus protagonistas, a través da elaboración e edición de dúas obras literarias que fagan fincapé na actividade portuaria do municipio (produtos, sistemas de extracción, venta, cambios nas infraestruturas, evolución da actividade, etc.) así como nas embarcacións que fixeron posible os traballos no mar (nomes, características, tripulantes, historia, etc.)
- Divulgar entre a poboación local a cultura mariñeira local a través do testemuño directo e traballo dos autores da vila, axudando a poñer en valor os traballos e labores da actividade mariñeira.
- Fomentar a colaboración e sinerxías entre os diferentes axentes sociais, públicos e privados, no territorio GALP da Mariña-Ortegal.
-Edición de 2 libros sobre cultura mariñeira e publicación de 1.600 exemplares sobre o porto de Foz e a flota pesqueira da vila, plan de comunicación e acto de presentación que de visibilidade á cultura mariñeira local cunha labor divulgativa entre a poboación local, poñendo en valor os traballos e labores da actividade mariñeira.
- ACTIVIDADE 1. REDACCIÓN E RECOMPILACIÓN DE CONTIDOS GRÁFICOS E DOCUMENTAIS PARA OS LIBROS.
- ACTIVIDADE 2. MAQUETACIÓN E IMPRESIÓN DOS EXEMPLARES LITERARIOS.
- ACTIVIDADE 3. ACTO DE PRESENTACIÓN DAS OBRAS LITERARIAS DA MEMORIA MARIÑEIRA.
- ACTIVIDADE 4. ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN
O.E.4.-Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural, pesqueiro e marítimo)
4.1.-Facer do patrimonio cultural marítimo pesqueiro un elemento de identidade da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)