Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

UNHA VIAXE ÁS PAIXAXES SUBMARINAS DO XEOPARQUE MUNDIAL UNESCO CABO ORTEGAL

O proxecto pon en marcha o estudo e divulgación da parte máis descoñecida do Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal: a súa paisaxe submarina e biodiversidade. Aínda que non é unha parte tan visible coma os elementos que podemos observar dende a superficie, a xeomorfoloxía submarina do territorio litoral do Xeoparque Cabo Ortegal é tan relevante como a da súa superficie.

O Xeoparque Cabo Ortegal abrangue o territorio de sete concellos da provincia da Coruña. Catro dos cales, pertencen ao territorio de actuación da EDLP do GALP A Mariña-Ortegal: Cariño, Cedeira, Ortigueira e Valdoviño.  

A través da presente proposta preténdese dar a coñecer e poñer en valor a riqueza subacuática da costa do Xeoparque, presente nestes catro concellos. A morfoloxía do seu fondo mariño é un dos aspectos clave para entender a produtividade das súas augas e a riqueza de especies que se poden atopar nestas, dando lugar á alta actividade extractiva que se dá nesta zona e á aparición de oficios tradicionais como a pesca ou o marisqueo. 

O proxecto recolle diferentes actividades para o estudo previo da información e datos dispoñibles sobre a paisaxe e biodiversidade submarina neste territorio. Entender a importancia da xeomorfoloxía mariña do territorio, axudará a entender grande influencia que ten esta paisaxe submarina en actividades tan tradicionais no territorio como a pesca ou a extracción de marisco.

A través do tratamento desta información, desenvolveranse actividades dirixidas cara diferentes públicos obxectivo (escolares, profesionais, persoal científico, poboación local...) para a súa divulgación e posta en valor, contando coa colaboración de diferentes persoas expertas no ámbito científico e da pesca.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASOCIACIÓN PARA A XESTIÓN DO XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL
Datos de interese: 
Asociación para o apoio á promoción do desenvolvemento sostible e equilibrado do territorio que conforma o Xeoparque do Cabo Ortegal
Perfil empresarial: 
Asociación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Febreiro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2025
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
08/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
31
Anualidades: 
2025-2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Cariño, Cedeira, Ortigueira e Valdoviño.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
52.877,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
50.714,78 €
Total axuda pública aprobada (€): 
50.714,78 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
35.500,35 €
FEMP (%): 
70,0
CA (€): 
15.214,43 €
CA (%): 
30,0
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Estudar a xeomorfoloxía e biodiversidade submarina da paisaxe subacuática do Xeoparque Cabo Ortegal.

- Dar a coñecer entre a poboación local e visitante as riquezas do patrimonio e biodiversidade submarina do Xeoparque Cabo Ortegal. 

- Crear ferramentas didácticas de divulgación que poñan en valor as características extraordinarias da paisaxe submarina do Xeoparque.  

- Colaborar con diferentes persoas expertas e entidades de interese na posta en valor e recoñecemento da paisaxe submarina e biodiversidade do Xeoparque. 

- Visibilizar o papel da paisaxe submarina do territorio para a produtividade das súas augas, sensibilizando na importancia do coidado e protección do medio para manter actividades como a pesca ou o marisqueo. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A unidade didáctica, permitirá que o alumnado adquira coñecementos sobre a xeomorfoloxía e bioloxía mariña do Xeoparque Cabo Ortegal dunha maneira atractiva e accesible. A través de recursos interactivos, os estudantes poderán entender mellor as formaciones xeolóxicas e a biodiversidade mariña, desenvolvendo unha conciencia ambiental e un respecto pola conservación do medio natural. O resultado final será unha maior implicación dos estudantes no coidado do seu entorno e no coñecemento do patrimonio natural

Os simposios reunirán aos membros do comité científico e aos expertos do territorio galego para compartir os últimos avances e investigacións sobre a xeomorfoloxía e bioloxía mariña do Xeoparque. Estes encontros tamén servirán como plataforma para promover a colaboración entre científicos e especialistas locais, potenciando a conservación e a difusión do coñecemento sobre o territorio. O resultado esperado é a consolidación do Xeoparque.

Principais actividades do proxecto: 

As actividades do proxecto consisten en:

- Creación dunha unidade didáctica dixital sobre a xeomorfoloxía e bioloxía mariña no Xeoparque [2025]

Elaborarase unha unidade didáctica dixital sobre a xeomorfoloxía e bioloxía mariña no Xeoparque, con contidos adaptados ao currículo de Secundaria, nas materias de xeoloxía e bioloxía para o primeiro ou segundo ciclo. Estas unidades, en formato dixital, estarán formadas por unha parte teórica e unha serie de contidos prácticos interactivos como mapas, táboas e imaxes, que explican aspectos técnicos; e inclúen tamén actividades prácticas de auto avaliación con exercicios de resposta pechada. Comezarán cun apartado introdutorio sobre os Xeoparques Mundiais da UNESCO como lugares cunha riqueza xeolóxica recoñecida internacionalmente; seguido de aspectos máis teóricos sobre a xeomorfoloxía e bioloxía mariña.

 A continuación, como proxecto de investigación, haberá un apartado de iniciación á actividade científica, unha fase de toma de contacto, procura de información e análise dos resultados. Esta fase finaliza coa elaboración e difusión dos resultados finais. Inclúese tamén un apartado de debate e opinión, sobre temas de actualidade que afectarían ó Xeoparque, o quecemento das correntes mariñas o os seus efectos na fauna e a actividade pesqueira. 

- Simposios sobre xeomorfoloxía e bioloxía mariña no Xeoparque [2026 e 2027]

Celebraranse dúas edicións, unha cada ano, dirixidas a un público especializado, co obxectivo de diferenciar ao Xeoparque Cabo Ortegal como un lugar estratéxico para o estudo da xeomorfoloxía e bioloxía mariña, a través de relatorios, presentacións de estudos/avances na investigación e exposición de pósters. Nesta xornada participarán 10 relatores/as (de forma paritaria) referentes nas temáticas a traballar.

Aproveitaranse as ocasións para achegar tamén estas ciencias aos escolares do territorio e ao público más xeral. 

 

 

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 5. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos e actividades marítimas locais.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 5.1. Incrementar a participación e o coñecemento do interés do sector pesqueiro no conxunto dos ámbitos e sectores da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)