Proxecto que comperende a realización de diferentes actividades vinculadas ao coñecemento, sensibilización e coidado do patrimonio medioambiental marítimo-pesqueiro da zona da Mariña-Ortegal. Preténdese achegar este sector ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual tendo en conta o desenvolvemento sostible da zona costeira, a prevención da contaminación e a realización de actividades de aproveitamento dos residuos e refugallos mariños (plásticos,latas, redes…) como elemento de mellora ambiental. Ao mesmo tempo, supón o fomento do benestar social das persoas ás que vai dirixido e do patrimonio cultural da zoa.
Numerosos estudios demostran a existencia de múltiples beneficios do medio mariño para o benestar das persoas, axuda a reducir a ansiedade, a tristeza, a mellorar o humor, incentiva a creatividade, reduce a frustración e facilita a meditación ou o mindfulness. É importante fomentar o coñecemento dos beneficios sobre o benestar emocional e mental que nos produce e asentar valores medioambientais e de respecto pola vida e o coidado dos mares.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellorar o benestar das persoas con discapacidade intelectual a través da realización de actividades relacionadas co mar.
- Fomentar a concienciación e educación en temáticas relacionadas cos residuos e a contaminación da zona costeira.
- Reducir a xeración de residuos que chegan ao mar.
- Introducir liñas de aproveitamento dos residuos mariños para a creación de pezas artísticas.
- Poñer en valor o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
- Incremento da sensibilización e concienciación de cara o coidado do medio mariño.
- Participación activa das persoas con discapacidade intelectual da entidade, o que conleva un incremento do seu benestar.
- Incremento do consumo dos productos do mar locais tras a súa posta en valor.
"MAREAS DE SENSIBILIZACIÓN": actividades de sensibilización da importancia do coidado do medio mariño.
- Charlas adaptadas ás necesidades e características das persoas con discapacidade intelectual usuarias da entidade para fomentar a sensibilización e concienciación sobre a contaminación do noso mar e litoral. Causas e consecuencias. Como as nosas accións poden reducir o impacto ambiental.
- Diseño e realización de viñetas como actividade visual e educativa sobre o impacto da basura no ecosistema mariño. Posibilidade de traballar en formato papel ou dixital.
- Familiarizarse co uso de apps e ferramentas dixitais que contribúan a protexer os nosos litorais, como poden ser: Marnoba (app que sirve como caderno de campo e permite recopilar e clasificar as basuras mariñas que se atopan no noso litoral, e facilita información de que facer coa basura que recollas a través dun breve texto explicativo e a imaxe do contenedor onde debes depositala), MarinaInfo (app na que recopilar información e denuncias de malas prácticas co obxectivo de contribuir e protexer a biodiversidade mariña), MiTeco (app con recopilación de información actualizada das nosas praias co obxecto de dar a coñecer este patrimonio natural) e outras.
- Taller de limpeza de praias e litoral: organización de saídas orientadas a promover a limpeza de varias praias da nosa contorna. Análise do tipo de refugallo atopado e cómo se pode evitar a súa presenza nos areais. Elaboración dunha infografía para publicar nas redes sociais con consellos para favorecer a preservación do medio mariño.
- Taller de reciclaxe de material de refugallo recollido en praias ou zona litoral da nosa costa. Mesturar eses elementos con diferentes técnicas (pintura, cerámica, madeira…) para a creación de diversas pezas artísticas. Trátase de poñer o foco en novos usos e recuperación do lixo mariño. Farase unha exposición.
"MAREAS DE BENESTAR": actividades dirixidas a fomentar o benestar das persoas con discapacidade intelectual a través do contacto co mar.
- Actividades de ocio a través da visita a diferentes puntos relacionados coa cultura marítima: faros, praias, rutas de sendeirismo, paseos marítimos, cetáreas, lonxas, conserveiras, museos, centros de interpretación… Durante a execución destas saídas fomentarase o establecemento de hábitos responsables, interiorizando cómo as nosas accións teñen un impacto directo no coidado do noso litoral.
- Taller sensorial mariño. Descubrir o mar. Engadir nas propostas sensoriais elementos naturais como cunchas, algas, area, auga e/ou figuras que representen animais acuáticos. Nestas dinámicas enténdese o mar como representación da natureza e servirán como guía para concienciar sobre o constante perigo no que se atopan as augas e os seres vivos que habitan nel debido a falta de coidado medioambiental.
- Alimentación saudable: charla sobre os beneficios de incluír produtos do mar na nosa alimentación, fomentando o consumo dos mesmos.
Obxectivo estratéxico 3. Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluidas as operacións de mitigación do cambio climático.
Obxectivo específico 3.1. Coidar a biodiversidade mariña da zona costeira e manter os recursos pesqueiros das rías.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

