O proxecto trata de poñer en valor a biodiversidade do territorio da ría de Ortigueira e Ladrido, divulgando a súa importancia e riqueza entre diferentes públicos obxectivo da poboación. A través das diferentes actuacións do proxecto resaltarase a riqueza ornitolóxica deste territorio e os factores medioambientais que fan desta, unha zona tan importante para o seu estudo, coidado e protección. As actividades deseñadas van dirixidas fundamentalmente aos escolares do territorio, como público obxectivo principal, aínda que tamén destina unha actividade á poboación local e visitante.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Divulgar o valor da biodiversidade da ría de Ortigueira-Ladrido con especial atención á riqueza ornitolóxica do territorio.
- Promover actividades de turismo ornitolóxico entre as novas xeracións.
- Resaltar a importancia do coidado do medio natural para o mantemento da súa riqueza ornitolóxica.
- Poñer en valor as características diferenciais do territorio e a súa importancia para o mantemento da flora e fauna e das actividades relacionadas.
- Incremento do desenvolvemento de actividades de diversificación na Mariña-Ortegal.
- Promoción de actividades turísticas sostibles aproveitando o valor diferencial do territorio.
- Maior valorización da riqueza natural e ornitolóxica da ría de Ortigueira-Ladrido.
- Ampliación da oferta de actividades de destino turístico de Ortegal, baseada no turismo ornitolóxico.
As actividades a desenvolver dentro do proxecto “Birding Ortegal” son as seguintes:
A1. Unidade didáctica sobre a biodiversidade litoral de Ortigueira (Ano 2025)
Co fin de dar a coñecer entre as xeracións máis novas a riqueza ornitolóxica do seu concello, desenvolverase unha unidade didáctica dixital dirixida aos cursos do 3 ciclo educativo de primaria. A unidade didáctica estará adaptada ao currículo educativo dos cursos educativos seleccionados.
A través da unidade didáctica, o alumnado poderá coñecer, mediante actividades interactivas, a variedade de especies de aves que poden atopar no seu concello, como son os seus ciclos migratorios, como é o seu hábitat ou que factores son importantes para que escollan a ría de Ortigueira para vivir. A unidade incluirá contidos adaptados, xogos e probas para estimular o interese do alumnado.
A2. Exposición exterior de paneis (Ano 2026)
Deseñarase unha exposición de paneis itinerantes sobre a biodiversidade litoral no concello, centrados especialmente na ornitoloxía, como un valor diferencial da costa ortigueiresa. Na exposición daranse a coñecer as especies de aves máis importantes no territorio, as súas características, hábitats, alimentación e curiosidades.
A3. Saídas con escolares para a posta en valor da biodiversidade litoral (Ano 2027)
Levaranse a cabo saídas a campo cos escolares do municipio nas que descubrir e observar biodiversidade litoral, con especial atención á ornitoloxía. Para iso, seleccionaranse 4 aulas no centro de educación primaria local. Con cada aula realizarase unha saída polo litoral do concello, trasladando ao alumnado ata diferentes puntos de interese.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
OBXETIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

