Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Burela inclusiva e innovadora na promoción da economía circular co sector pesqueiro.

O proxecto céntrase na recuperación e valorización de residuos e recursos derivados do mar e das actividades marítimo pesqueiras, a través da participación de entidades de inclusión social, o sector pesqueiro e a administración local. Vai promover a integración social, contribuíndo a reforzar o dinamismo social, económico e ambiental da zona costeira.

O proxecto consiste principalmente na dinamización das entidades de inclusión social a través de actividades de economía circular vinculada á actividade marítimo pesqueira:

  • Programa de expresión artística para decoración das vilas
  • Creación de talleres de innovación de produtos
Datos xerais
Acrónimo: 
Burela_ In
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Burela
Datos de interese: 
https://burela.org/gl
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo ( EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
17/06/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
08/09/2021
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
54.001,10€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
54.001,10€
Total axuda pública aprobada (€): 
54.001,10€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
45.900,94€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
8.100,16€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
25
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Promover a integración social, contribuíndo a reforzar o dinamismo social, económico e ambiental da zona costeira a través da colaboración entre o sector pesqueiro, entidades de inclusión social e Concello deseñando un proxecto de economía circular.

Fomentar a colaboración entre  confrarías con entidades sociais, a través de programas con interese comúns.

Sensibilizar ao sector sobre o lixo mariño e o aproveitamento sostible recursos do mar.

Promover os oficios tradicionais como o de  redeira e aproveitar as súas técnicas como elemento de valor engadido

Aproveitamento de residuos mariños.

Reforzar o sector pesqueiro promovendo a colaboración e o traballo en rede con outros axentes

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Potenciar o desenvolvemento turístico de Burela e a zona da Mariña, reforzando o seu carácter mariñeiro, tendo como reclamo turístico a realización de actividades artísticas entre as  redeiras e as entidades de inclusión social

Apoio ás entidades sociais de inclusión social integrándoas en diferentes actividades que dean resposta a demandas municipais.

Deseñar unha nova actividade terapéutica e ocupacional en cada entidade fomentando a participación e formación usuarios.

Implicar activamente ás persoas usuarias dos centros en actividades que teñan repercusión pública e mediática, integrándoas socialmente aumentando así a súa autoestima.

Conseguir unha maior  visibilización das entidades a diferentes niveis, como axentes activos do territorio fomentando a súa participación en todas as actividades.

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1: Talleres terapéuticos innovadores no deseño de produtos elaborados con redes: produtos artesanais, téxtiles ou decorativos, dirixidos aos usuarios dos centros e impartidas polo colectivo de  redeiras.

Actividade 2: Programa Burela Inclusiva: talleres de creación artística para a decoración de zonas degradada ou con potencial turístico na zona costeira

Actividade 3: Programa de sensibilización a través de tres ou cinco actividades de divulgación ambiental e actividades de limpeza da costa e valoración dos residuos mariños. Realizarase tamén mostra itinerante con información sobre o proxecto e a problemática dos residuos mariños.

Plan de comunicación: difusión do proxecto definindo unha identidade corporativa co obxecto de facilitar a comunicación e difusión. 

 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases  da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)