
O proxecto céntrase na recuperación e valorización de residuos e recursos derivados do mar e das actividades marítimo pesqueiras, a través da participación de entidades de inclusión social, o sector pesqueiro e a administración local. Vai promover a integración social, contribuíndo a reforzar o dinamismo social, económico e ambiental da zona costeira.
O proxecto consiste principalmente na dinamización das entidades de inclusión social a través de actividades de economía circular vinculada á actividade marítimo pesqueira:
- Programa de expresión artística para decoración das vilas
- Creación de talleres de innovación de produtos
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Promover a integración social, contribuíndo a reforzar o dinamismo social, económico e ambiental da zona costeira a través da colaboración entre o sector pesqueiro, entidades de inclusión social e Concello deseñando un proxecto de economía circular.
Fomentar a colaboración entre confrarías con entidades sociais, a través de programas con interese comúns.
Sensibilizar ao sector sobre o lixo mariño e o aproveitamento sostible recursos do mar.
Promover os oficios tradicionais como o de redeira e aproveitar as súas técnicas como elemento de valor engadido
Aproveitamento de residuos mariños.
Reforzar o sector pesqueiro promovendo a colaboración e o traballo en rede con outros axentes
Realizar actividades artísticas e de sensibilización que poñan en valor os recursos locais e potenciar a imaxe do concello como pobo mariñeiro.
Promover a inclusión laboral das persoas en risco de exclusión social e a realización de actividades terapéuticas, ocupacionais ou laborais nos centros de inclusión mediante o aproveitamento do lixo e os recursos mariños
Potenciar o desenvolvemento turístico de Burela e a zona da Mariña, reforzando o seu carácter mariñeiro, tendo como reclamo turístico a realización de actividades artísticas entre as redeiras e as entidades de inclusión social
Apoio ás entidades sociais de inclusión social integrándoas en diferentes actividades que dean resposta a demandas municipais.
Deseñar unha nova actividade terapéutica e ocupacional en cada entidade fomentando a participación e formación usuarios.
Implicar activamente ás persoas usuarias dos centros en actividades que teñan repercusión pública e mediática, integrándoas socialmente aumentando así a súa autoestima.
Conseguir unha maior visibilización das entidades a diferentes niveis, como axentes activos do territorio fomentando a súa participación en todas as actividades.
Actividade 1: Talleres terapéuticos innovadores no deseño de produtos elaborados con redes: produtos artesanais, téxtiles ou decorativos, dirixidos aos usuarios dos centros e impartidas polo colectivo de redeiras. Actividade 2: Programa Burela Inclusiva: talleres de creación artística para a decoración de zonas degradada ou con potencial turístico na zona costeira Actividade 3: Programa de sensibilización a través de tres ou cinco actividades de divulgación ambiental e actividades de limpeza da costa e valoración dos residuos mariños. Realizarase tamén mostra itinerante con información sobre o proxecto e a problemática dos residuos mariños. Plan de comunicación: difusión do proxecto definindo unha identidade corporativa co obxecto de facilitar a comunicación e difusión. |
1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)