Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Concurso de proxectos audivisuais Vidas Mariñeiras 2018. Exhibición dos proxectos gañadores

 

O vindeiro 20 de decembro celebrarase a exhibición das películas do concurso Vidas Mariñeiras 2018, que organizamos dende o GALP A Mariña-Ortegal. Nesta edición as películas gañadoras son:
- “Todos os días o mar”, do alumnado de 1º de bacharelato do IES Monte Castelo de Burela, e 
- “Mans salgadas” de 3º da ESO do IES de Foz.
A estrea dos filmes realizarase nos Cines Viveiro (Rúa Misericordia, 19     Viveiro), ás 18:30, ata completar aforo.
Para poder asistir ao evento é necesario confirmar asistencia, enviando un correo a amarinaortegal@vidasmarineiras.gal