
O GALP A Mariña-Ortegal convida a participar nos próximos encontros informativos do proxecto «Feito co Mar», unha iniciativa que busca fomentar a formación e o emprendemento a través da transformación e valorización dos produtos pesqueiros.
Estes encontros están dirixidos a todas aquelas persoas interesadas en aprender a elaborar conservas, salgados, afumados, patés, produtos desecados e outras transformacións de peixes e mariscos, así como a quen desexe explorar novas oportunidades de emprendemento vinculadas ao sector.
Durante as sesións presentarase a programación dos Viveiros Formativos de Emprendemento, previstos para 2027, e daranse a coñecer os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos para impulsar novas iniciativas empresariais. Ademais, as persoas asistentes poderán resolver dúbidas, compartir ideas e reservar a súa praza nos programas formativos.
Calendario dos encontros informativos
VIVEIRO – Mércores 4 de novembro de 2026
- 12:00 h: Encontro informativo aberto ao público.
- 17:00 h: Encontro específico dirixido ao sector pesqueiro.
- Lugar: Salón de Plenos do Concello de Viveiro (Praza Maior, 1).
CEDEIRA – Xoves 5 de novembro de 2026
- 17:00 h: Encontro informativo.
- Lugar: Auditorio de Cedeira (Rúa Convento, s/n)
FOZ - Xoves 12 de novembro
- 10:40 h: Encontro informativo.
- Lugar: IES de Foz (Rúa Castelao, s/n)
Estes encontros representan unha oportunidade para coñecer novas posibilidades de formación e emprendemento, contribuíndo á diversificación económica e á valorización dos recursos pesqueiros do noso territorio.
Máis información e contacto
- Web: https://i.gal/feitocomar
- Correo electrónico: info@feitocomar.gal
- Teléfono: 627 570 950
Anímate a participar e descubre novas oportunidades para emprender co mar!
«Feito co Mar» é un proxecto de cooperación dos GALP de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).


