Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Come o mar, come saúde!

Do 22 de outubro ao 22 de novembro, un total de 64 restaurantes do litoral galego participarán na iniciativa «Come o mar, come saúde», impulsada no marco do proxecto Pesca Saúde, no que participa o GALP A Mariña-Ortegal xunto con outros seis Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro de Galicia.

Durante este período, os establecementos participantes ofrecerán os «Menús Pesca Saúde», propostas gastronómicas elaboradas en colaboración cun equipo de nutricionistas, nas que o peixe, o marisco, os moluscos e as algas serán os grandes protagonistas.

A iniciativa busca promover unha alimentación saudable, fomentar o consumo de produtos do mar e poñer en valor a calidade e riqueza gastronómica dos produtos pesqueiros de proximidade, combinando saúde, sabor e tradición.

Ademais, esta campaña contribúe a dar visibilidade ao sector pesqueiro e á restauración local, animando á cidadanía a descubrir novas formas de gozar dos produtos do noso litoral.

O proxecto Pesca Saúde está financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Consellería de Sanidade.

Consulta os restaurantes participantes e descubre os seus menús en www.pescasaude.gal, onde tamén poderás acceder á información nutricional de cada proposta.