
O Océano Surf Museo de Valdoviño abriu onte as súas portas, coincidindo co seu terceiro aniversario, a unha interesante iniciativa expositiva. Trátase de “Pantoque” –nome que recibe a parte casi plana do casco dun barco, que forma o fondo xunto a quilla–un proxecto creativo desenvolvido polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada.
Pintura, dibuxo, escultura, fotografía e vídeo conviven nuha exposición que reflexa o traballo levado a cabo polos creadores no interior das instalacións de Astilleros Armada, de Vigo.
O resultado desta acción creativa é a que da vida a exposición inaugurada baixo o título “Pantoque vía 2/ Surfin’Valdoviño” no espacio valdoviñés, onde poderá ser visitada durante todo este mes e onde onte mesmo, durante o acto de apertura, o artista Ramón Trigo realizou un mural para el propio museo.
Esta iniciativa artista está intragada no Proxecto Rema que levan a cabo todos os GALPs de Galicia.