Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación de Conclusións e Manual de Boas Prácticas do proxecto Un Mar en Común

PRESENTACIÓN DE CONCLUSIÓNS e MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS DO PROXECTO

UN MAR EN COMÚN

A afouteza da xente do mar.

Hoxe ás 18h. no Centro Social A Rúa do Concello de Miño terá lugar a presentación das conclusións e manual de boas prácticas, do proxecto de dinamización do tecido asociativo dos Grupos de Acción Local Pesqueira Un Mar en Común.

Un proxecto promovido polo GALP Ría de Pontevedra en colaboración co noso GALP e con o GALP Golfo Ártabro Norte e GALP Golfo Ártabro Sur, e que tivo como finalidade a mellora da participación e implicación do tecido asociativo dos GALP; e que contou cun amplo proceso de investigación, no que foi indispensable a colaboración dos propios GALP e das súas entidades asociadas.

No acto, o antropólogo Miguel Alonso Cambrón presentará da man da xerente do GALP Ría de Pontevedra, Laura Nieto Zas, un vídeo-resumo do proxecto e un manual de boas prácticas orientadas á fidelización dos asociados/as e a captación de novos/as, á creación á creación e mantemento de canles de comunicación permanente cos asociados/as e tamén entre os propios GALP e, como non, á imaxe e información a transmitir ao público en xeral para que coñeza o traballo dos GALP no territorio.