
O GALP Golfo Ártabro Sur participou o pasado 9 de maio en CLEANATLANTIC "La lucha contra la basura marina en el Espacio Atlántico"
O seminario foi organizado por IEO e CETMAR, e tipo por obxecto a protección da biodiversidade e os servizos ecosistemáticos por medio da mellora das capacidades de prevención, monitorización e eliminación da basura marina no Espacio Atlántico. O proxecto contribue tamén a concienciar e cambiar a actitude dos actores implicados e a mellorar os sistemas de xestión da basura mariña.
Os retos de este proxecto son:
- A basura representa un problema global que afecta aos océanos e costas e que ten un impacto nos organismos e ecosistemas maniños, supón un risco para a saúde e a seguridade humá e ocasiona contaminación visual e perdas económicas.
- A loita contra a basura mariña precisa un enfoque multidisciplinar a varias escalas territoriais e require involucrar aos principais actores tanto públicos como privados, así como ás ONGs e a sociedade en xeral.
- Aspectos tales como a monitorización, rexistro, cartografía e eliminación da basura mariña requiren aproximacións e metodoloxías armonizadas que sexan fruto da coordinación e colaboración entre os distintos actores implicados.