Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Golfo Ártabro Sur participou no Seminario CleanAtlantic

O GALP Golfo Ártabro Sur participou o pasado 9 de maio en CLEANATLANTIC "La lucha contra la basura marina en el Espacio Atlántico"

O seminario foi organizado por IEO e CETMAR, e tipo por obxecto a protección da biodiversidade e os servizos ecosistemáticos por medio da mellora das capacidades de prevención, monitorización e eliminación da basura marina no Espacio Atlántico. O proxecto contribue tamén a concienciar e cambiar a actitude dos actores implicados e a mellorar os sistemas de xestión da basura mariña. 

Os retos de este proxecto son: 

-  A basura representa un problema global que afecta aos océanos e costas e que ten un impacto nos organismos e ecosistemas maniños, supón un risco para a saúde e a seguridade humá e ocasiona contaminación visual e perdas económicas. 

-  A loita contra a basura mariña precisa un enfoque multidisciplinar a varias escalas territoriais e require involucrar aos principais actores tanto públicos como privados, así como ás ONGs e a sociedade en xeral. 

-  Aspectos tales como a monitorización, rexistro, cartografía e eliminación da basura mariña requiren aproximacións e metodoloxías armonizadas que sexan fruto da coordinación e colaboración entre os distintos actores implicados.