Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Asemblea Xeral de Socios do GALP Golfo Ártabro Norte aprobou a nova Xunta Directiva.

O pasado xoves día 20 de febreiro a Asemblea Xeral de Socios do GALP Golfo Ártabro Norte aprobou a nova Xunta Directiva.

Destacar nesta renovación da Xunta Directiva a  incorporación de dúas novas entidades deste ámbito territorial,  a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra e o Club Naútico Ría de Ares.

A composición resultante da Xunta Directiva para un período de 4 anos quedou aprobada da seguinte maneira:

En canto ao sector pesqueiro:

José Manuel Fernández Lage (Patrón maior, Confraría de Pescadores de Miño) que ostenta o cargo de presidente,

Jorge López Pena (Patrón maior, Confraría de Pescadores de Barallobre), como tesoureiro,

Omar Enrique Lucci Muñoa (Patrón maior, Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos) que actúa como secretario

Como vogais, Santiago Salgado Amado (Patrón maior, Confraría de Pescadores “Virgen del Carmen” de Pontedeume), Santiago Sendón López ( Vice-Patrón maior, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol) e Manuel Montero Toimil (Patrón maior, Confraría de Pescadores de Ares)

En canto ao sector público, na vicepresidencia saliu elixido novamente o Alcalde do Concello de Paderne, Cesar Longo Queijo

E continúan como vogais o Concelleiro de Urbanismo do Concello de Narón, Manuel Antonio Ramos Rodríguez, e o Alcalde do Concello de Mugardos, Juan Domingo de Deus Fonticoba.

Representando ao sector social, continúan como vogais, Jorge Carro Fernández do Club Cabanas KDM e Teresa Oujo Reino do Club Náutico de Miño, incorporándose un novo representante neste período, Ignacio Palmero Sande do Club Náutico Ría de Ares.

Por último, no sector económico, incorpórase na Xunta Directiva neste novo período como vogal, Luis González Rey, Presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra.