
O proxecto ten como finalidade modernizar os medios destinados ao transporte e distribución de produtos pesqueiros frescos mediante a adquisición dun furgón isotermo híbrido enchufable (PHEV). Promovido por un armador con embarcacións adscritas á Confraría de Pescadores de Ferrol, que desenvolve tamén a actividade de comercialización polo miúdo de produtos pesqueiros, o investimento permitirá mellorar a loxística asociada á comercialización, garantir o mantemento da cadea de frío durante o transporte, reforzar a calidade e trazabilidade dos produtos e incrementar a eficiencia da actividade comercial. Ao mesmo tempo, a incorporación dun vehículo híbrido enchufable contribúe á modernización da actividade mediante unha solución de transporte máis eficiente e respectuosa co medio ambiente, favorecendo a competitividade da empresa e a valorización das capturas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Modernizar os medios destinados ao transporte e distribución de produtos pesqueiros mediante a adquisición dun furgón isotermo híbrido enchufable (PHEV).
- Mellorar a loxística asociada á comercialización polo miúdo de produtos pesqueiros, garantindo o mantemento da cadea de frío durante o transporte.
- Reforzar a calidade, conservación e trazabilidade dos produtos pesqueiros ao longo do proceso de comercialización.
- Incrementar a eficiencia e competitividade da actividade comercial mediante a incorporación dun vehículo adaptado ás necesidades do sector.
- Favorecer unha mobilidade máis eficiente e sustentable, reducindo o impacto ambiental asociado ao transporte e contribuíndo á modernización da actividade.
- Mellora da loxística asociada á comercialización de produtos pesqueiros frescos.
- Garantía do mantemento da cadea de frío durante o transporte, favorecendo unha mellor conservación e calidade do produto.
- Reforzo da trazabilidade e das condicións de distribución dos produtos pesqueiros.
- Incremento da eficiencia da actividade comercial mediante a incorporación dun furgón isotermo híbrido enchufable (PHEV).
- Redución do impacto ambiental asociado ao transporte, gracias á utilización dun vehículo máis eficiente e sustentable.
- Contribución ao mantemento da actividade económica e do emprego vinculado á empresa, de acordo cos indicadores do proxecto.
Adquisición dun furgón isotermo híbrido enchufable (PHEV) para o transporte e distribución de produtos pesqueiros, garantindo o mantemento da cadea de frío, mellorando a conservación e trazabilidade do produto e favorecendo unha mobilidade máis eficiente e sustentable.
Esta actuación contribúe a modernizar os medios empregados na comercialización de produtos pesqueiros, mellorando a eficiencia loxística, a calidade do servizo e a competitividade da actividade, ao tempo que incorpora unha solución de transporte máis sostible e aliñada cos obxectivos de modernización e transición ambiental promovidos polo FEMPA.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.2. Conseguir un sector pesqueiro resiliente onde as actividades marítimo-pesqueiras acaden un peso importante na actividade económica da zona costeira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

