
A Confraría de Barallobre actualmente adícase á extracción e comercialización de moluscos (amexia, berberecho, zamburiñas e as súas diferentes variedades), tanto en fresco como en conxelado. Co obxectivo de ampliar o campo de negocio e traballo da Confraría, planteouse a posibilidade de aproveitar as instalacións de captación e bombeo existentes e crear unha pequena cetárea para crustáceos, de maneira que se poida engadir aos produtos actualmente traballados outros mariscos como centolas, nécoras e bois.
Instalación dun acuario de cristal sobre o mostrador de conxelados con equipos de filtración e acondicionamento de auga para a supervivencia de crustaceos para a súa mostra ao público particular que se achegue á Confraría de Pescadores a comprar. Tamén este proxecto contempla a instalación dun bin con enfriadora e filtros para moluscos co seu correspondente sistema de frio, filtrado e bombeo de auga con tuberias de pvc que se achegarían ao galpón da confraría para instalar dita máquina.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Diversificación da produción, incrementando os ingresos dos socios, incidindo na mellora do ecosistema mariño para obter o máximo rendemento sostible.
O obxectivo xeral da realización da Cetárea na Confraría de Barallobre e poder crear valor engadido aos socios, poder diversificar en maior medida a produción dos mesmos fomentando a alternancia de artes de pesca que posúen na embarcación e o descanso das artes máis empregadas coa conseguiente redución do esforzo pesqueiro realizado noutras pesquerías. Isto no longo prazo creará pesquerías máis sostibles, maior comercialización de produtos non recolectados e maior coñecemento por parte do consumidor final de pesquerías da Ría coa conseguiente demanda en progreso deses produtos coa visión e exposición dos mesmos.
Outro obxectivo xeral é a intención da subsistencia da Confraría con menores subvencións públicas cos resultados que acadará coa venda destos de alto valor engadido.
O resultado previsto e ir aumentando cada ano as vendas previstas para poder facer sustentable sen subvencións á Confraría. Para a consecución destos resultados fará falta labor comercial propia da actividade e a venda das cantidades previstas nas táboas de vendas ano a ano, que vista a demanda é viable a consecución dos resultados.
Mellora do ecosistema, da diversificación, da economía dos socios, valor engadido. Innovador no sentido de que sería a primeira confraría que tería cetárea en Galicia.
- Maquinaria: flexadora sobremesa e báscula de móbil de pesaxe de cetárea.
- Instalación e montaxe de acuario.
- Instalación e montaxe de equipo para creación de cetárea.
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)