
O GALP Golfo Ártabro Norte quere agradecer a asistencia e o interese mostrado polos medios de comunicación que participaron recentemente no almorzo informativo celebrado en Ferrol, actuación incluída dentro das actividades de animación e divulgación desenvolvidas polo GALP Golfo Ártabro Norte durante o ano 2026.
Coincidindo co décimo aniversario do inicio da actividade do GALP Golfo Ártabro Norte no territorio, o encontro permitiu facer balance dos resultados acadados e presentar os retos de futuro para o sector do mar.
Desde o inicio da súa actividade en 2016, o GALP Golfo Ártabro Norte apoiou máis de 180 proxectos vinculados ao sector do mar e á economía azul, contribuíndo á dinamización económica, social e empresarial das vilas costeiras do seu ámbito de actuación.

Os medios tiveron tamén a oportunidade de coñecer de primeira man diferentes iniciativas promovidas por entidades e empresas do territorio que exemplifican ámbitos estratéxicos de actuación como a innovación, a diversificación económica, a valorización do patrimonio marítimo, a comercialización dos produtos pesqueiros ou o relevo xeracional.
Entre os proxectos participantes estiveron representantes do Concello de Ferrol, da Confraría de Pescadores de Ferrol, do Taller Náutico Móvil Sande e da Panadería Patricio, mostrando exemplos reais de emprendemento, innovación e desenvolvemento local vinculados á economía azul.

O amplo seguimento realizado por medios como La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, Ferrol360, COPE Ferrol, Cadena SER - Radio Ferrol e TV Ferrol contribuíu a ampliar a difusión destas iniciativas e a trasladar á sociedade a importancia do desenvolvemento local participativo como ferramenta para fortalecer o futuro das comunidades costeiras.
Desde o GALP Golfo Ártabro Norte agradecemos a colaboración dos medios de comunicación e o seu papel fundamental na difusión do traballo desenvolvido por entidades, empresas, confrarías e administracións que apostan diariamente polo futuro do noso mar.
Repercusión nos medios de comunicación
O encontro informativo tivo unha ampla cobertura por parte dos medios de comunicación do territorio, contribuíndo a difundir o impacto dos proxectos apoiados polo GALP Golfo Ártabro Norte e os retos de futuro do sector do mar.
COPE Ferrol (16/06/2026)
https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/ferrol/noticias/sector-mar-artabro-norte-apuesta-innovacion-relevo-generacional-garantizar-futuro-20260616_3384735.html
Cadena SER – Radio Ferrol (16/06/2026)
https://podcasts.apple.com/es/podcast/hora-14-ferrol-16-06-2026/id1691490621?i=1000772966139
Ferrol360 (16/06/2026)
https://ferrol360.es/galp-artabro-norte-mas-de-180-proyectos-y-millones-de-euros-para-potenciar-el-sector-pesquero/
TV Ferrol (16/06/2026)
https://www.youtube.com/watch?v=0jUMQPFVytI
La Voz de Galicia – Edición Ferrol (17/06/2026)
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2026/06/16/proyectos-transforman-sector-maritimo-artabro-norte-empregamos-algas-facer-tabletas-chocolate/00031781624287471456600.htm
Diario de Ferrol (17/06/2026)
https://diariodeferrol.elidealgallego.com/ferrol/2026-06-17/proyectos-para-aprender-del-pasado-vivir-el-presente-y-tener-un-futuro-ligado-al-mar-en-ferrol-862603.html

