
Innovación e patrimonio no sector pesqueiro artesanal de Ares
A Confraría de Pescadores de Ares impulsa un proxecto innovador que aposta pola dixitalización e posta en valor do patrimonio mariñeiro local. A iniciativa contempla a creación dun novo espazo expositivo no edificio da confraría, onde se integrarán solucións tecnolóxicas como códigos QR para facilitar o acceso a fotografías antigas, documentación histórica, técnicas de pesca tradicional e outros materiais educativos.
Este espazo converterase nun lugar de referencia para descubrir e comprender o oficio de mariñeiro, poñendo en valor o traballo das xeracións pasadas e presentes, os barcos empregados e o legado cultural vencellado ao mar. A través de contidos dixitais, audiovisuais e experiencias inmersivas, buscarase sensibilizar á cidadanía e visitantes sobre a importancia do sector pesqueiro no desenvolvemento económico e social da vila de Ares.
Ademais, o proxecto incluirá un espazo dedicado á mostra e degustación de produtos do mar, reforzando a relación entre o patrimonio marítimo e a gastronomía local, dinamizando así a economía da zona e promovendo o turismo sostible vinculado á cultura mariñeira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
• Creación dun Espazo do Patrimonio Pesqueiro de Ares, que servirá como punto de encontro entre pasado e presente, preservando e divulgando a historia, tradicións e cultura mariñeira da vila.
• Mellora das instalacións da Confraría, acondicionando o espazo con accesibilidade universal, novo mobiliario e recursos expositivos adecuados.
• Incremento da visibilidade e promoción do sector pesqueiro local, reforzando a conexión entre tradición mariñeira, produto pesqueiro e oferta turística da zona.
• Dinamización económica da Confraría, a través de novas oportunidades de comercialización, promoción directa dos produtos e atracción de visitantes.
• Creación dun punto permanente de divulgación e sensibilización, que ofrecerá experiencias educativas orientadas a escolares, veciñanza e turistas.
• Formación específica para socios e traballadores, mellorando as súas competencias en ámbitos como a interpretación do patrimonio, atención ao público e técnicas de venda.
• Colaboración activa co barco turístico do Concello de Ares, xerando sinerxías para ofrecer unha experiencia integral e completa aos visitantes.
Obxectivo 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
4.1. Lograr asentar a memoria cultural marítimo-pesqueira en todo o territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

