
Este proxecto ten como finalidade crear e consolidar a marca Mar de Barallobre como elemento de identidade do produto pesqueiro local, reforzando a súa vinculación co territorio, coa cultura mariñeira e coa pesca artesanal. A iniciativa combina actuacións de creación da identidade de marca, promoción e comunicación, a celebración dun evento gastronómico aberto á cidadanía e a participación en feiras gastronómicas especializadas, co obxectivo de poñer en valor o produto pesqueiro da Confraría de Barallobre, incrementar a súa visibilidade e favorecer o seu posicionamento mediante unha estratexia de promoción integrada.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Crear e consolidar a marca Mar de Barallobre como identidade representativa do produto pesqueiro da Confraría de Barallobre, reforzando a súa diferenciación e recoñecemento.
- Poñer en valor o produto pesqueiro local e a actividade da pesca artesanal mediante actuacións de promoción, divulgación e comunicación dirixidas á cidadanía e aos visitantes.
- Difundir a cultura mariñeira e os métodos tradicionais de pesca, favorecendo un maior coñecemento do patrimonio marítimo-pesqueiro do territorio.
- Promover o consumo e a valorización gastronómica dos produtos pesqueiros locais a través dun evento aberto ao público e doutras accións de promoción.
- Incrementar a visibilidade do produto pesqueiro de Barallobre mediante unha estratexia de comunicación e a participación en feiras gastronómicas especializadas.
- Creación dunha identidade de marca propia para o produto pesqueiro da Confraría de Barallobre, favorecendo a súa diferenciación e recoñecemento.
- Maior visibilidade e promoción do produto pesqueiro local mediante accións de comunicación, difusión e participación en feiras gastronómicas especializadas.
- Incremento do coñecemento e da valorización do produto pesqueiro e da cultura mariñeira entre a poboación e as persoas visitantes a través do evento gastronómico.
- Reforzo da proxección da marca Mar de Barallobre e do posicionamento do produto pesqueiro local en ámbitos profesionais e promocionais.
- Xeración dunha base de comunicación e promoción que facilite o desenvolvemento de futuras accións de valorización do produto pesqueiro local.
O proxecto estrutúrase arredor de distintas actuacións orientadas á creación da marca Mar de Barallobre, á promoción do produto pesqueiro local e ao reforzo da súa visibilidade entre a cidadanía e o sector profesional.
- Creación e desenvolvemento da marca Mar de Barallobre, mediante o deseño da súa identidade visual, a elaboración do relato de marca, do manual de identidade corporativa e a creación de contidos audiovisuais para a súa difusión.
- Organización dun evento gastronómico para a presentación pública da marca, acompañado de accións de comunicación e da celebración dunha competición de bateis como actividade de promoción vinculada ao patrimonio marítimo-pesqueiro.
- Participación en feiras profesionais especializadas para promocionar o produto pesqueiro local, establecer contactos profesionais e reforzar o posicionamento da marca.
- Desenvolvemento de accións de comunicación, prensa e redes sociais para incrementar a difusión da marca e do produto pesqueiro da Confraría de Barallobre.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

