
Iniciativa promovida polo Concello de Ares e apoiado por diferentes entidades do mundo do mar e colectivos deste ámbito territorial, co obxecto de incrementar iniciativas de diversificación nesta zona costeira e consolidala como un destino turístico atractivo.
Proxecto de turismo mariñeiro, que engloba actividades e recursos medioambientais e etnográficos dirixidos á poboación da comarca de Ferrolterra e todas as persoas visitantes que elixan esta zona como destino turístico. Os produtos, o patrimonio e a etnografía da ría de Ares son unha realidade que con este proxecto o Concello de Ares quere poñer en valor. O mundo do mar conta cun recoñecemento e coñecemento entre a poboación local que implica varios vectores: a historia, a etnografía, a cultura, as tradicións, a arquitectura popular, os oficios, as prácticas pesqueiras, os seus produtos do mar, as lendas e contas, os sinais marítimos, a gastronomía, a actividade cultural...etc. Tamén pretende contribuír a mellorar a estratexia turística e a formación do tecido empresarial deste Concello, reorientando as súas capacidades empresariais e detectando as novas inquedanzas das persoas emprendedoras, sobre todo do mar, co obxecto final de conseguir incorporar mariñeiros ou familiares dos mesmos a unha segunda actividade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Diversificación do sector pesqueiro do territorio, incrementando iniciativas
Formación en turismo mariñeiro
Consolidar o concello de Ares (zona costeira) como un destino turístico atractivo
Posta en valor dos recursos de Ares
Creación dunha oferta de produtos turísticos para Ares
Aumentar o número de visitantes ao Concello de Ares, un incremento das ventas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación; unha maior demanda de servizos de hostalería e restauración e dinamización da economía local coa promoción da vida mariñeira da vila.
Novas vías de turismo mariñeiro vinculado á natureza e máis aló do turismo de verán
Concienciar sobre a importancia medioambiental do medio mariño
Nas accións de formación e de creación da rede axudarase a diferentes colectivos do sector do mar a poñer á venda os seus produtos en colaboración con outros sectores do concello.
Buscar unha segunda actividade para as xentes do mar ou as súas familias, agardando que sexan ata un máximo de 12 persoas as que se poidan formar para poder tomar a decisión de emprender en novos proxectos ou en crear unha segunda actividade.
Aula activa:
1. Saídas a bordo. (20 saídas dende o peirao)
2. Saídas teatralizadas. (10 visitas)
3. Rutas guíadas por terra (10 visitas)
Aula museo:
1. Unidades didácticas (1000 unidades)
2. Adecuación de aula museo nun espazo cedido polo Club Náutico Ría de Ares. 1 Televisor con soporte; 5 paneis informativos
3. Accións educativas (20 actividades de formación)
Formación de ata un máximo de 12 persoas igadas dun ou outro xeito co sector pesqueiro e que queiran participar na execución futura de accións similares ligadas ao turismo mariñeiro ou á realización de saídas acompañadas para turistas ou visitantes.
2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio e a diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas
2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

