Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Modificación Proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte 1ª fase adxudicación axudas 2021

1. En aplicación ao estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”, a Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte elevou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a proposta de resolución definitiva de concesión de axudas na primeira fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2021 o día 14 de abril. 

2. O día 1 de xullo de 2021 o Servizo de desenvolvemento das zonas de pesca (Consellería do Mar) procede á devolución da proposta de resolución de Xunta Directiva, tendo en conta o artigo 25.3 da Orde de Axudas, motivado en non estar conformes coas propostas acordadas desta directiva en oito dos proxectos produtivos propostos.
 
3. Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva eleva a público unha nova proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos da 1ª fase de adxudicación de axudas, Convocatoria 2021, tendo en conta as correccións realizadas nos Exptes. GALP2-167; GALP2-171; GALP2-183; GALP2-192; GALP2-195; GALP2-197; GALP2-201 e GALP2-202 , que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva. 
 
4. En relación á proposta definitiva de Xunta Directiva para proxectos non produtivos, por non haber variacións nos importes propostos, non procede emitir unha nova resolución definitiva desta Xunta Directiva ao respecto da enviada á Consellería do Mar o día 14 de abril de 2021, para emitir as resolucións de concesións das axudas dos proxectos non produtivos, tendo en conta o artigo 25 da Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018.
 
6. Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte, que será o día 07 de xullo de 2021, para exclusivamente aqueles proxectos que sufriron modificacións: GALP2-167; GALP2-171; GALP2-183; GALP2-192; GALP2-195; GALP2-197; GALP2-201 e GALP2-202
 
Esta proposta de resolución de Xunta Directiva da Convocatoria 2021, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito  para esta 1ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2021.