O principal obxectivo do proxecto "Narón produtos da Ría", é conxugar un servizo público vencellado á gastronomía, para poñer en valor e seguir dando a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira do Concello de Narón.
Potenciar a posta en marcha de diversos produtos comercializables, contando coa colaboración da Confraría de Pescadores de Barallobre para dar a coñecer os produtos da nosa ría e as artes extractivas sostibles usadas polos seus mariñeiros.
As tres accións principais deste proxecto que pretende ligar o mar coa mesa son: Xornadas de marisco da ría; receitario de produtos do mar; showcookings dirixidos a promover os produtos do noso mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Aumentar o número de visitantes ao Concello de Narón
Incremento nas ventas dos produtos da pesca e os seus derivados como as conservas
Posta en valor da vila, do seu tecido socio-cultural coa promoción da marca "Narón, produtos da Ría"
Creación de produtos turísticos que sexan competitivos e comercializables, contando coa participación do sector pesqueiro
Aumentar o número de visitantes ao Concello de Narón, un incremento das ventas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación; unha maior demanda de servizos de hostalería e restauración e dinamización da economía local coa promoción da vida mariñeira da vila.
Promoción da marca "Narón produtos da ría" como símbolo de identidade que engloba un novo modelo de desenvolvemento.
Apoiar a diferentes colectivos do sector do mar a poñer á venda os seus produtos en colaboración con outros sectores do Concello de Narón.
Fomentar o crecemento económico a tavés da colaboración entre toda a rede creada, para que haxa unha inclusión e mobilidade laboral entre sectores.
Creación da Imaxe "Narón produtos da Ria"
Actividades de exaltación de produtos da ría
3 cursos de acción formativa
Deseño, maquetación e impresión de 8000 receitarios de produtos do mar
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Fomentar a posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)