Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Nova Edición de Ondas de Ilusións - Escolas do Mar, con moitas novidades, no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte

Reactivamos un ano máis o programa ONDAS DE ILUSIÓNS - ESCOLAS DO MARxa estamos contactando cos centros escolares dando a coñecer as novas actividades programadas para este ano.

 

Actividade organizada polo GALP Golfo Ártabro Norte, dentro das súas actividades de animación e divulgación para o ano 2019 no seu ámbito territorial, e que contan co financiamento do Programa do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP 2014-2020)

 

Esta campaña ten como obxectivo o coñecemento do medio mariño e os recursos pesqueiros, a pesca sustentable, a contaminación dos plásticos no mar o cambio climático e a biodiversidade e nesta nova edición, centrarase en 4 novas actividades que estamos ofertando aos centros públicos de Primaria (4º, 5º e 6º) de forma gratuíta do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume):

 

  • Saídas en kaiak
  • Charlas e obradoiros medioambientais
  • Actividades os sábados en familia
  • Elaboración de material didáctico

 

Máis información da 3ª Edición de Ondas de Ilusións - Escolas do Mar, e de como participar no mesmo:

Equipo de ONDAS DE ILUSIÓNS - ESCOLAS DO MAR

633074271 (Maica Rodríguez)

ondasdeilusions@gmail.com