
Na tarde de onte tivemos a segunda sesión do programa de actividades de educación ambiental e divulgación científica coa Asociación Sociocultural ASCM, na que participaron novamente máis de 15 usuarios.
Nesta ocasión a temática sobre a que aprendemos foron os plásticos e concretamente os microplásticos!
Soubemos que son exactamente, coñecemos a súa orixe e sobre todo falamos dos diferentes tipos de microplásticos que nos rodean e forman parte da nosa vida diaria e xa como, curiosodade final, soubemos un pouquiño acerca do que din os científicos sobre as consecuencias que eses plásticos poderían ter no noso organismo.
Agora sabemos, máis que nunca, que debemos ir reducindo o noso uso de plástico... e compartimos entre todos ideas de cousas que empregamos a diario e que xa podemos ir cambiando pola versión de #nonplástico



