
No marco do proxecto Miño Circular 360º, os socios e socias da Cofradía de Miño realizaron unha visita de estudo para coñecer máis sobre o cultivo da ostra rizada na zona de Castropol, Asturias. Tras pasar pola Confraría de Ribadeo e coñecer a situación actual do molusco nesta zona, os participantes desprazáronse á comunidade veciña para profundar na realidade do cultivo, a produción e a comercialización deste bivalvo.
O proxecto desenvólvese ao longo do ano 2025 e conta co financiamento do Programa do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) a través do GALP Golfo Ártabro Norte, con: 70% da Unión Europea e 30% da Consellería do Mar – Xunta de Galicia

Visitando – Coñecendo – Compartindo… así se aprende e se avanza, promovendo boas prácticas e fortalecendo a colaboración entre comunidades mariñeiras.


