
A Xunta Directiva do GALP Ria de Vigo A Guarda seleccionou provisionalmente en reunión mantida o día 8 de abril de 2026 os proxectos considerados prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, conforme aos criterios establecidos nesta e ao disposto na Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ao abeiro das EDLP, no marco do FEMPA 2021-2027 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro de 2026, procedemento PE155A).
Outorgouse un prazo de alegacións de 10 días hábiles dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Ria de Vigo A Guarda e na páxina web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia durante o cal recibíronse dúas alegacións ao respecto do seguintes proxectos: PE155A-2026-00163 ; PE155A-2026-00221.
Estas alegacións foron debatidas na reunión de Xunta Directiva celebrada o día 24 de abril de 2026 e, realizadas as oportunas deliberacións , a Xunta Directiva eleva a proposta de resolución definitiva que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva
Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:
Proposta de Xunta Directiva de resolución DEFINITIVA Convocatoria 2026
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/proposta-de-resolucion-defin...
Anexo I Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva partida 760
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-ipartida-760-concellos-0
Anexo II Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva partida 770
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-ii-partida-770-empresas-0
Anexo III Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva partida 780
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-iii-partida-780-entida...
Anexo IV Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-iv-desestimados-0
Anexo V Baremacións
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-v-baremacions-2
Esta proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva para proxectos das partidas 760, 770 e 780, así como os desestimados/inadmitidos da Convocatoria 2026, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade de crédito orzamentario para as partidas orzamentarias 760, 770 e 780 para esta convocatoria 2026.
Esta proposta atópase publicada no taboleiro da oficina do GALP Ría de Vigo -A Guarda dende o 24 de abril de 2026

