Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución definitiva da Xunta Directiva do Galp Ría de Vigo -A Guarda

A Xunta Directiva do GALP Ria de Vigo A Guarda seleccionou provisionalmente en reunión mantida o día 8 de abril de 2026 os proxectos considerados prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, conforme aos criterios establecidos nesta e ao disposto na Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ao abeiro das EDLP, no marco do FEMPA 2021-2027 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro de 2026, procedemento PE155A).

Outorgouse un prazo de alegacións de 10 días hábiles dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Ria de Vigo A Guarda e na páxina web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia durante o cal recibíronse dúas alegacións ao respecto do seguintes proxectos: PE155A-2026-00163 ; PE155A-2026-00221.

Estas alegacións foron debatidas na reunión de Xunta Directiva celebrada o día 24 de abril de 2026 e, realizadas as oportunas deliberacións , a Xunta Directiva eleva a proposta de resolución definitiva que será trasladada á Consellería do Mar  para a súa aprobación definitiva

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:

Proposta de Xunta Directiva de resolución DEFINITIVA Convocatoria 2026

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/proposta-de-resolucion-defin...

Anexo I Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva partida 760

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-ipartida-760-concellos-0

Anexo II Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva partida 770

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-ii-partida-770-empresas-0

Anexo III Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva partida 780

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-iii-partida-780-entida...

Anexo IV Proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-iv-desestimados-0

Anexo V Baremacións

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-v-baremacions-2

Esta proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva para proxectos das partidas 760, 770 e 780, así como os desestimados/inadmitidos da Convocatoria 2026, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade de crédito orzamentario para as partidas orzamentarias 760, 770 e 780 para esta convocatoria 2026.

Esta proposta atópase publicada no taboleiro da oficina do GALP Ría de Vigo -A Guarda dende o 24 de abril de 2026