Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

25º Aniversario do CETMAR

O equipo técnico do GALP Ría de Vigo - A Guarda estivo presente o pasado día 12 de xuño na xornada "LonxaLab: Mareas de innovación" encadrada dentro dos actos de celebración do 25º Aniversario do Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR.
Foi unha xornada de portas abertas na que o centro se transformou nunha feira de ciencias onde as sete áreas de traballo de CETMAR mostraron, de forma participativa os seus proxectos, resultados e o ecosistema de investigación mariña en Galicia.
O programa continúa con actividades conmemorativas ata o día 23 de xuño en Vigo.