
A Confraría aposta pola innovación na comercialización. Coa integración vertical da cadea de valor, busca reducir a intermediación e potenciar a venda directa, permitindo unha maior rentabilidade para as persoas asociadas. Para iso, está a desenvolver un sistema innovador de comercialización directa xestionado con tecnoloxías da información.
Deste xeito, a Confraría de Pescadores 'Santa Tecla' de A Guarda reafirma o seu compromiso coa modernización do sector e a defensa da pesca artesanal, garantindo a súa viabilidade e fortalecendo a economía local.
O proxecto "A Guarda, Mar de Marca" busca revolucionar a comercialización dos produtos pesqueiros mediante un modelo propio e innovador, integrando a Confraría na cadea de valor. A iniciativa aposta pola venda directa "da lonxa á mesa", superando o tradicional sistema de subasta na Lonxa de A Guarda.
O proxecto estrutúrase en tres fases:
1- Análise e preparación: Identificación de compradores, deseño de estratexias de difusión e dotación da Confraría cos recursos necesarios. Inclúe a finalización do centro de expedición e a adquisición dun vehículo isotermo con etiqueta ECO para a loxística de transporte. Para este investimento é para o que se solicita financiamento.
2- Deseño do proceso de comercialización: Participación das persoas asociadas baixo a coordinación da directiva e do persoal da Lonxa e administración.
3- Posta en marcha e avaliación: Implementación do novo modelo con avaliación continua para optimizar o proceso. Culmina cunha reunión técnica para divulgar resultados e compartir experiencias innovadoras.
Estas accións son complementadas con iniciativas de sensibilización sobre un modelo de pesca sustentable, promovidas pola Confraría durante todo o proxecto.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellorar a comercialización e incrementar as vendas, facilitando o acceso a mercados de maior valor engadido.
- Dotar á Confraría dun elemento de transporte, incorporando un vehículo sustentable que reduza a pegada de carbono.
- Garantir unha maior transparencia e seguridade alimentaria empregando un furgón isotermo axeitado, garantindo a conservación óptima ata a venda final.
- Axudar á consolidación dos postos de traballo da Confraría e do sector pesqueiro local, contribuíndo á estabilidade económica da comunidade.
- Contribuír á redución da diferenza entre o prezo de orixe e o prezo final, beneficiando tanto aos produtores como aos consumidores e promovendo un modelo máis xusto de comercialización.
- Fomentar o consumo local e promoción do comercio de proximidade, e sostibilidade na cadea de subministración.
- Seguir avanzando na introducción de prácticas sostibles na cadea de valor marítimo-pesqueira, asegurando a viabilidade a longo prazo destas actividades.
▪ Dar a coñecer o novo procedemento de comercialización que porá en marcha a Confraría da Guarda entre potenciais compradores.
▪ Creación dunha base de datos dixital de potenciais compradores a través da que se producirán os posteriores contactos para potenciar a compra do producto.
▪ Elementos de difusión básicos para dar a coñecer o proxecto.
▪ Canles de difusión básicas para a posterior posta en marcha do proxecto.
▪ Furgón isotermo con etiqueta ECO.
O proxecto proposto para a Confraría estrutúrase en varios paquetes de traballo para mellorar e innovar o proceso de comercialización.
ANÁLISE E PREPARACIÓN
Nesta fase inicial identifícanse os potenciais compradores/as e establécese contacto. ORMALUGA axudará á Confraría nesta tarefa. Tamén se deseñan elementos de comunicación (notas de prensa, mailing, redes sociais e canles de mensaxería instantánea) para a difusión do proxecto. Ademais, dótase á Confraría dos medios necesarios, incluíndo a compra dun furgón isotérmico ecolóxico, para o que se solicita financiamento.
DESEÑO DO PROCESO DE COMERCIALIZACIÓN
Nesta fase defínese o novo proceso, implicando ao persoal da lonxa e administración, así como ás persoas asociadas. O proceso inclúe identificación da mercadoría, envío de información a compradores, poxa presencial/remota, adxudicación, preparación, transporte e facturación. Nunha primeira fase, o persoal da Confraría xestiona as poxas, con vistas a unha futura automatización.
POSTA EN MARCHA E AVALIACIÓN
Unha vez validado, o novo proceso impleméntase e avalíase para mellorar a dixitalización e optimizar a loxística. A posta en marcha require a recepción do furgón isotérmico ECO para garantir a trazabilidade e calidade do produto. A avaliación faise mediante enquisas a compradores/as e persoas usuarias da lonxa, ademais dun seguimento das vendas. Finalmente, organízase unha xornada técnica en colaboración con ORMALUGA para analizar os resultados, coñecer experiencias similares e definir novos pasos.
PAQUETES DE TRABALLO TRANSVERSAIS
Inclúen actividades de xestión administrativa e técnica a cargo do persoal da Confraría, así como accións de difusión e sensibilización a través de redes sociais, prensa e eventos. Estas accións garanten unha ampla visibilidade do proxecto e reforzan o compromiso coa súa implementación.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.1: Incrementar o valor engadido dos produtos da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura.
Actuación1.1.3: Actuacións para levar a cabo a agrupación da oferta no territorio e desenvolver cadeas curtas de comercialización a través das novas tecnoloxías e procesos con maior eficiencia enerxética.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


