
CAMPAÑA #QUEDACONOSOMAR |
Susana González Álvarez. Secretaria do GALP 7. Patroa Maior da Confraría de pescadores “La Anunciada” de Baiona
Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?
O papel da cidadanía é importante a hora de colaborar e axudar ao sector do mar. Por un lado, é fundamental o consumo de produto das nosas rías, e ademais compralo polos canles normais e legais de mercado.
Por desgracia, é un feito que o furtivismo no mar, e un cancro difícil de erradicar, incluso nunha situación tan atípica como é a que estamos a vivir. Estas persoas collen do mar o que lles peta, sen respectar ningunha norma, ocasionando un tremendo prexuízo a profesionais do mar, que agora mesmo están nunha situación moi complicada, e cunha competencia tan desleal.
Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?
Por unha banda, somos un sector fundamental no aporte de alimento para a sociedade.
Tamén é certo que somos con case 3800 mariscador@s a pé, ademais de toda a flota de barcos galegos, unha parte moi importante da economía en Galicia.
No caso da confraría de pescadores de Baiona en concreto, temos un censo de 120 traballadores do percebe, ademais dos demais recursos que temos na nosa confraría, que supoñen un aporte económico importante para o noso pobo, xa que son moitas familias que viven do mar, e que ademais, gastan a maior parte dos seus ingresos na comunidade
Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona.
A confraría de pescadores de Baiona, engloba aproximadamente 220 profesionais, que viven directamente do mar.
Ademais, a entidade, para dar gran variedade de servizos a tódolos seus asociados, conta con 15 empregados, repartidos nas oficinas da confraría e diferentes servizos nas nosas lonxas de Baiona e Panxón.
O pasado ano 2019, a facturación das nosas lonxas foi de 2.470.000€
Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?
A característica fundamental, entendo que é a de ser un sector de base, que contribúe a que non falte subministro na cadea alimentaria.
Os peixes e mariscos procedentes das rías galegas, son únicos polas súas características organolépticas, pola súa calidade, etc., sendo ademais un gran valor engadido a estes produtos, as técnicas de captura empregadas para todos eles, xa que son altamente selectivas e de gran respecto para o medio ambiente.
Por que cre que é vital consumir produtos do mar?
O principal motivo é que son unha fonte fundamental de aporte de proteínas de gran calidade, ten un valor nutritivo excelente, e proporciona tamén unha gran variedade de vitaminas e minerais. sendo ademais o aporte calórico baixo. Todas estas características, axudan a manter unha boa alimentación.
Outro aspecto do consumo de produtos do mar, e que relaciona directamente o consumo co mantemento do empregos que se xeran directa e indirectamente neste sector. Cando se consume peixe e marisco, e se compra ademais polos canles indicados, axudase a que moitas familias (mariñeiras) en Galicia poidan levar diñeiro as súas casas, diñeiro que se reinvestirá na economía local.

