Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Encontro Red Española de Grupos de Pesca en Tenerife

Entre o 12 e o 14 de maio tivo lugar en Tenerife a Sesión Plenaria da Rede Española de Grupos de Pesca. A este encontro acudiron a presidencia e a xerencia do GALP Ría de Vigo - A Guarda.

Nesta sesión plenaria tivo lugar a VII entrega de "Recoñecementos de proxectos de boas prácticas" e a visita ao museo do pescador no Puerto de la Cruz. Explicóuse a situación do DLP no FEMPA  e os resultados da DLP no período FEMP. Comentóuse o papel dos GALP na valorización dos produtos pesqueiros e da acuicultura e experiencias para fomentar o relevo xeracional. Visitáronse proxectos en Candelaria e arredores. Revisáronse proxectos impulsores do desenvolvemento costeiro e pesqueiro sostible. FAMENET e a REGP tivo un espazo neste seminario, que finalizou coas conclusións e a clausura do mesmo.