
Mediante a adquisición dunha máquina de envasado ao baleiro de última xeración a empresa mellora a cadea de valor dos productos de pesca artesanal. A envasadora contibuie a prolongar a vida últil do producto, a mellorar a eficiencia e rapidez de envasado e a mellorar a presentación e a calidade percibida polo consumidor. Tamén permite favorecer a valorización do peixe como producto de proximidade.
Coa distribución de bolsas promocionais ecolóxicas con mensaxes sobre pesca artesanal, o negocio reduce o impacto ambiental ao ser reutilizables e non estar feitas de plástico. Con estas bolsas Mordeste actúa como embaixador dos valores da pesca artesanal, busca educar ao consumidor sobre a importancia do patrimonio cultural e económico pesqueiro e marítimo.
As melloras da tenda en liña supoñen unha innovación a nivel local, nacional e internacional que garanten o acceso público ao coñecemento da actividade pesqueira artesanal.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Acurtar a canle de comercialización para chegar directamente ao consumidor final.
2. Poñer en valor os produtos da pesca e do marisqueo artesanal, buscando mellorar a súa calidade e presentación.
3. Contribuír ao crecemento das empresas coma a nosa, dedicadas á comercialización polo miúdo de produtos pesqueiros, especialmente aquelas que promoven a pesca artesanal.
4. Informar á sociedade sobre o valor, orixe e beneficios da pesca artesanal local, promovendo un consumo responsable e sostible.
5. Creación e mantemento de emprego.
1. Mellora da eficiencia productiva.
2. Mellora da imaxe dos pescados e mariscos de proximidade, a través do seu envasado (mellora do valor engadido) e de melloras nas canles de comercialización.
3. Difusión e sensibilización no público xeral sobre a pesca artesanal.
4. Aumento das ventas a nivel local e en novos mercados.
5. Mantemento e xeración de emprego.
1. Adquisición máquina de envasado. Mellora o valor engadido da pesca costeira artesanal.
2. Creación de ilustración e fabricación de bolsas de tela ecolóxicas. Achega os valores da pesca costeira artesanal ao público colectivo xeral.
3. Mellora da tenda online. Mellor e maior alcance e difusión da pesca costeira artesanal.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción
e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.1.:Incrementar o valor engadido dos produtos da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura.
Actuación 1.1.3.: Actuacións para levar a cabo a agrupación da oferta no territorio e desenvolver cadeas curtas de comercialización a través das novas tecnoloxías e procesos con maior eficiencia enerxética.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

